Skip to Content

 

     

   

 

     xogade        

 

Artigos

Vacantes curso 22/23

 

 

EDUCACIÓN INFANTIL

4ºE.I.

VACANTES 22/23

A

8

B

8

C

9

5º E.I.

VACANTES 22/23

A

3

B

3

C

2

6ºE.I.

VACANTES 22/23

A

4

B

4

C

3

 

 

EDUCACIÓN PRIMARIA

CURSOS

 

UNIDADES

      

1

 

1

 

1

 

1

     

     1       

 

1

 

VACANTES 22/23

 

6

 

2

 

9

 

6

 

7

 

0

Admisión alumnado

 

INSTRUCIÓNS PARA REXISTRO DE SOLICITUDES DE ADMISIÓN DO ALUMNADO PARA O CURSO 2022/2023

 

Desde o 1 ata o 21 de marzo de 2022 ábrese o prazo para a solicitude de admisión do alumnado para o curso 2022/2023.

Poderán acceder á solicitude a través do seguinte enlace.

https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/

 

As dúbidas das familias serán resoltas polos centros educativos.

As familias poderán cumprimentar as solicitudes de admisión de xeito manual ou a través da aplicación no menú:

Solicitudes > Admisión > Crear

Esta solicitude deberase presentar no centro educativo solicitado en primeiro lugar ou en calquera dos lugares que establece a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común, incluída a SEDE ELECTRÓNICA, para o que se precisará de Chave365 ou certificado dixital, sendo esta a canle preferible de presentación.

 

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO

AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO ESCOLAR 2021/2022

As familias poden presentar as solicitudes de xeito telemático ou presencial no propio centro educativo.

O prazo de presentación remata o 22 de xuño.

Podedes descargar as solicitudes dende o seguinte enlace:  https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/

Tamén podedes recollelas no centro en horario de secretaría.

GRAZAS!

Estimadas familias:

Hoxe remata o curso 19/20, un curso que seguro que nunca esqueceremos pola situación excepcional que nos tocou vivir. Gustaríanos darvos as gracias polo voso esforzo, implicación e adicación durante este tempo. Sabemos que non foi unha situacion doada, en moitos casos moi complicada. Nós, como centro educativo, tentamos axudar na medida das nosas posibilidades e procurar que todo o noso alumnado tivera acceso á educación a distancia, e cremos que o esforzo mereceu a pena. Somos conscientes de que esta modalidade está moi lonxe do significado que ten a educación para nós e todo o que implica, pero non nos quedou outra que adaptarnos ás circunstancias.
Pero a nosa maior admiración vai, sen dúbida, para os vosos fillos e fillas, todo un exemplo de adaptación e esforzo, a pesar de seren os grandes esquecidos desta pandemia.
Agardamos volver a vernos en setembro, nas mellores condicións posibles, e desexámosvos que pasedes unhas boas vacacións de verán.

Un agarimoso saúdo de parte de todo o equipo educativo do cole de Vilariño.

LIBROS DE TEXTO CURSO 20/21

IMPORTANTE:

NON MERCAR LIBROS DE TEXTO ATA FALAR CO TITOR/A

A LISTAXE DE LIBROS SE PODE ATOPAR EN SECRETARÍA - LIBROS DE TEXTO

 

Horario do centro durante a suspensión das clases

Todos os días  de 10.00 a 13.30 horas.

Teléfono: 886151188

Mail: ceip.enrique.barreiro@edu.xunta.es

 

Como acceder a Aula Virtual?

As tarefas para o alumnado de forma telémática se van deixar na aula virtual do noso centro.

O alumnado de 5º e 6º segue a comunicarse co profesorado a través da plataforma EDIXGAL.

 

 

Deixamos no arquivo adxunto un titorial para acceder á aula virtual.

Calquera dúbida, recordade o noso mail:ceip.enrique.barreiro@edu.xunta.es

e o noso teléfono 886151188, para consultar calquer dúbida.

Libros de texto para o curso 2021/2022

IMPORTANTE:

- Non mercar ningún libro ata falar co titor/-a

Para acceder á lista de libros fai clic no ficheiro adxunto



by Dr. Radut