blogue de_Os pequerrechos de Brexo

PEPITA

Por fin chegou a primavera,e Pepita, a mascota da aula de 5 anos xa espertou,  despois de pasar todo o inverno hibernando.

 

VISITA Á FUNDACIÓN ABANCA

O pasado martes, 5 de abril, fomos de excursión ao museo de Abanca na Coruña.

Fixemos un taller de pintura e vimos cadros de Picasso, "que es un caso", de Joan Miró e Kandinsky.

 

Na galería tedes máis fotos.

PROXECTO : "O ESPACIO"

Remata o trimestre e remata o proxecto "O ESPACIO".

Cantas cousas xa sabiamos e cantas aprendimos: nebulosas, planetas, estrelas...

Recordade que tedes máis fotos na galería.

 

ANIVERSARIOS

O luns 14celebramos o aniversario de Natalia que xa cumpriu 4 anos. Trouxo unha tarta e soprou as veliñas. Estaba moi rica e pasámolo moi ben . Moitas felicidades!

 

AGASALLO PARA ÁNGELES

DÍA DA MULLER TRABALLADORA

O día 8 de marzo celebramos o Día da Muller Traballadora.  E. I. homenaxeou a Ángeles, a bibliotecaria que todos os nenos e nenas coñecen porque acompaña ao Moucho cando ven visitar o colexio. Entre todos e todas fixemos un mural coas fotos da súa vida, e preparamos na clase,  unhas preguntas para poderllas facer a ela. Trouxonos alguns dos seus libros favoritos e  tamén nos leu un conto que se titulaba " Mariuca la castañerra. Troúxonos un libro para cada clase e uns Sugus para cada neno/a.

PASÁMOLO MOI BEN CON ÁNGELES!

 

O MOUCHO

O xoves 18 de febreiro veu o Moucho con novos contos: O Monstruo de cores, ¿Puedo mirar tu pañal?

Fixemos ximnasia con él e como sempre, Pasámolo moi ben!

ENTROIDO

E o mércores tamén algo na cara.

ENTROIDO

E hoxe martes, ademáis de algo na cabeza.........algo no pescozo.

4º de E.Infantil luciu así.

ENTROIDO

E xa está aquí "O ENTROIDO".

Hoxe o Meco no seu mandato pediu que levaramos ao cole algo na cabeza.

E así de guapos aparecimos.

Distribuir contido