Blogues

23 DE ABRIL. DÍA DO LIBRO 2019

BIBLIOPATIO

LEMBRANZA

"Todas as viaxes son un regreso. Calquera viaxeiro retorna á casa desde o momento mesmo en que puxo un pé fóra dela"   

XABIER P. DOCAMPO.O libro das viaxes imaxinarias

Cando peten na porta pola noite, nun pazo baleiro, na illa de todas as illas e nos andeis das nosas escolas volverás desa viaxe para seguir contando.

LECTURAS PARA O VERÁN 2018

PINCHA AQUÍ PARA VER A GUIA LECTURA PARA O VERÁN 2018.

BIBLIOTECA

Este curso 2017-2018, o equipo da biblioteca centra todas as súas enerxías en informatizar a biblioteca.

É un duro traballo porque temos que revisar de novo o rexistro de cada libro, a finalidade é poder realizar o servicio de préstamo a través do promaga MEIGA e tamén utilizalo para facer as consultas necesarias en canto a existencia e localización dos libros.

OS LIBROS AO SOL

VISITA DO MOUCHO

O pasado venres 26 de maio "O Moucho" presentounos "A galiña azul" do autor homenaxeado das letras letras galegas Carlos Casares.

Tamén disfrutamos de "O caracol Remoldiño" e do conto de tradición oral "Os chivos chivóns".

E para o final gardou o máis divertido, a canción  "O sol"  de Manuel María e o "Baile da Carrasquiña" que fixo que maiores e pequenos puxéramonos en pé ao ritmo do seu alegre acordeón.

23 DE ABRIL. DÍA DO LIBRO.

"En abril, libros mil".

Como cada 23 de abril celebramos o "Día mundial do libro" e o día do "Dereito de autor" promovidos pola Unesco dende 1996.

Nesta data recordamos a coincidencia da morte dos escritores Cervantes, Shakespeare e Garcilaso de la Vega, (aínda que Cervantes falleceu o dia 22 e foi enterrado o 23).

Alumnado e profesorado implicámonos na búsqueda dunha frase do noso libro favorito que sirve para darlle unha nova utilidade ás nosas escaleiras.

MOBILIARIO NOVO

A Conselleía enviou mobiliario novo para a nosa biblioteca. Cada día máis bonita e acolledora!

2 DE ABRIL, DÍA MUNDIAL DA CONCIENCIACIÓN DO AUTISMO.

"María e eu", "Bambi el koala", "Diego en la botella", xunto a "El curioso incidente del perro a medianoche", este xa para maiores de 16 anos, son recomendacións para acercarnos un pouco máis a estas pesoas que se enfrentan a numererosas barreiras á hora de disfrutar dos seus dereitos fundamentais e de formar parte plenamente da comunidade.

Distribuir contido