blogue de_Os pequerrechos de Brexo
Educación en valores
Enviado por _Os pequerrecho... o Dom, 26/11/2017 - 20:33Esta semana e durante duas sesións máis , ATALAIA SOCIAL desnrola un programa de educación en valores para o alumnado de E.Infantil .
O programa está financiado pola Deputación e A.N.P.A.
Aquí tedes algunhas fotos da primeira sesión onde traballamos competencias emocionais.
O MAGOSTO
Enviado por _Os pequerrecho... o Mér, 15/11/2017 - 18:51Un ano máis , todo o colexio xuntámonos para comer as castañas no magosto.
Antes pasámolo xenial no pavillón disfrutando dalgúns xogos populares.
VISITA DO MOUCHO
Enviado por _Os pequerrecho... o Mér, 08/11/2017 - 18:48O 20 de outubro 2017 visitounos o Moucho. Deixounos uhna bolsa de libros en préstamo para cada aula de educación infantil e primeiro de primaria. Contounos varios contos “El gallo que no sabía cantar “. ¿De quién es este rabo?”, “ Dona Carme” e “A casa da mosca chosca “
Pasámolo moi ben! Hai máis fotos na galería
SAMAÍN
Enviado por _Os pequerrecho... o Sáb, 04/11/2017 - 20:14Un ano maís celebramos o Samaín. Decoramos a porta das clases, fixemos manualidades e contamos coa vosa colaboración para decorar as cabazas. Mirada que bonita quedou a exposición de OUTO- SAMAÍN.
A ESCOLA
Enviado por _Os pequerrecho... o Sáb, 04/11/2017 - 19:48Comezamos un novo curso, no blog imosvos informar de todas as novas das clases de Infantil de 5 anos e da clase mixta de 3 e 4 anos. Benvidos á "ESCOLA".
FESTA DA AUGA
Enviado por _Os pequerrecho... o Mar, 20/06/2017 - 22:40Como fai tanta calor, decidimos facer unha festa da auga. Félix, o pai de Carmen, trouxo unha máquina de espuma, tamén xogamos cos cubos, coas pistolas e globos de auga. PASÁMOLO MOI BEN !
EXCURSIÓN Á GRANXA DO QUEIXO
Enviado por _Os pequerrecho... o Xov, 01/06/2017 - 11:39O luns 29 de maio os "Pequerrechos de Brexo" fomos a Sobrado dos Monxes á "Granxa do Queixo".
Fixemos talleres e comimos alí.
MOUCHO
Enviado por _Os pequerrecho... o Lun, 29/05/2017 - 22:50O venres 26 tivemos a visita do Moucho que nos trouxo moitos contos. O primeiro foi " A GALIÑA AZUL " de Carlos Casares , tamen nos contou " O Caracol Remoldiño" e un conto de tradición oral " Os chivos chivóns ". Tamén nos cantou a canción " O sol " de Manuel María e o " Baile da Carrasquiña"
Como sempre deixounos moitos libros en préstamo. Pasámolo moi ben!
LETRAS GALEGAS
Enviado por _Os pequerrecho... o Mar, 23/05/2017 - 23:21O 17 de maio celebramos o Día das Letras Galegas, que este ano estivo adicado a "Carlos Casares". Con este motivo o venres 19 tivemos a actuación dos nenos e nenas de 5º de primaria cunha versión moi orixinal de Romeo e Xulieta, André de 4 anos contou uns chistes, tamén tivemos un concierto de Gloria, Jorge, Antonio Castelo e Diego Maceiras e para rematar cantamos o Himno Galego. Dende o Equipo de Normalización e de Biblioteca fixemos unha pequena exposición do Traxe Rexional.
"Monicreques"
Enviado por _Os pequerrecho... o Mar, 16/05/2017 - 10:04Os nenos e nenas de cinco anos, que asisten a Alternativa educativa coa profe María Penas, representaron con monicreques "El pez Arcoiris".
Fixéronno moi ben e tamén o representaron aos nenos e nenas de catro e tres anos. Bó Traballo!
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- …
- seguinte ›
- última »
