Novas
Link Charla Escola de Igualdade
Charla escola en Igualdade ás 18:30h de hoxe
https://us02web.zoom.us/j/89052443458?pwd=aEF0YVI4QW9ueTlQR0syQkNaVkswUT09
Seguide este enlace para entrar á reunión
Animádevos!!!
Circular sobre a Situación das Actividades Extraescolares
Estimadas familias:
Debido á interpretación que está a facer o Concello de Cambre sobre ás restricións publicadas nos DOGAs da Xunta de Galicia, temos limitado o uso do Pavillón para realizar as actividades extraescolares:
Cando comezamos, permitíronos un máximo de 14 participantes máis 1 monitor, despois, cando Cambre entrou en alerta vermella, pasaron á restrición a 5 participantes máis 1 monitor e agora, dende o sábado 7 de novembro, estamos cunha restrición de 1 participante máis 1 monitor.
Por isto, vémonos na obriga de modificar a estrutura das actividades para non ter que cancelar o servizo.
A partir do luns 9 de novembro faremos o seguinte:
Si a climatoloxía o permite: A actividade que corresponda farase ao aire libre, como viñamos facendo ata agora.
Si a climatoloxía NON o permite: A actividade farase sentados na aula de informática, procurando que a temática sexa amena e estea relacionada coa actividade correspondente.
Como a actividade de patinaxe NON se pode realizar ao aire libre, xa que NON HAI unha superficie exterior que permita patinar en condicións, nos vemos na obriga de suspendela.
no lugar de PATINAXE propoñemos a actividade de TEATRO.
As actividades quedan, polo tanto, deste xeito:
ESPAZOS |
|||||
Mal tempo: aula informática |
Bo tempo: aire libre dentro do recinto escolar |
||||
ACTIVIDADES SEMANAIS |
|||||
LUNS |
MARTES |
MÉRCORES |
XOVES |
VENRES |
|
Hockey |
Atletismo |
Teatro adaptado (contacontos, títeres, manualidades) |
Capoeira |
Zumba |
Calquera modificación, altas, baixas nas actividades... pregamos nolo comuniquedes a través do correspondente grupo de WhatsApp de actividades.
Para o alumnado de patinaxe:
- Para cambiar a teatro: Enviade NOME E APELIDOS DO NEN@+ SI TEATRO no grupo de WhatsApp de patinaxe.
- Para pedir a baixa: Enviade NOME E APELIDOS DO NEN@+ NON TEATRO. no grupo de WhatsApp de patinaxe.
Aínda que na ANPA comprendemos os motivos do Concello para aplicar de cada medida publicada a interpretación máis restritiva, consideramos, tras consultar con outros centros educativos, concellos, na Confederación de ANPAs e coa nosa empresa de prevención de riscos, que existe a posibilidade legal de usar o pavillón CON SEGURIDADE para grupos reducidos e separados por clases nas condicións de outubro, así que non deixaremos de intentar chegar a un acordo co Concello para volver ás condicións iniciais.
Vos manteremos informados de todos os cambios que xurdan.
Desculpade as molestias, sentimos moito todas estas modificacións.
Grazas pola vosa atención e un saúdo.
A ANPA
Programa Igualdade ANPA Brexo-Lema 2020/21
O vindeiro luns 9 de novembro ás 18:30h.
Vos indicaremos o enlace á sala de ZOOM a través dos grupos de WhatsApp das clases
Programa Igualdade ANPA Brexo-Lema 2020/21
Ademais, para Ed. Primaria esta semana: Obradoiros para 2º e 5º de e Teatro para 1º, 2º e 3º
Programa Igualdade ANPA Brexo-Lema 2020/21
Hoxe Xincana pola Igualdade para o alumnado de 4º, 5º e 6º
O primeiro evento do programa de Igualdade da ANPA deste Curso:
Unha divertida Xincana para 4º, 5º e 6º de Primaria chea de sorpresas
É TEU????
Estas son as imaxes de todas as prendas de roupa, tuppers, bufandas, gorros... que se foron deixando na caixa de obxectos perdidos da ANPA e que quedaron no Cole dende o curso pasado.
Se recoñeces algunha pertenza túa, por favor, podes ir a recollela ao Centro en horario de Actividades Extraescolares:
De 16:30h - 17:45h dende o luns 19/10/2020 ata o venres 23/10/2020.
*As prendas e obxectos que non se retiren, doaranse na campaña do Nadal.
Moitas grazas!!!
Preme no link ADXUNTO para abrir e descargar o documento
O vindeiro luns 5 de outubro empezan as actividades extraescolares e a ludoteca con prazas limitadas
(mais información no apartado Actividades)
