Skip to Content

Novas

CONVOCATORIA ASAMBLEA ORDINARIA SETEMBRO

Estimadas familias, pola presente convocamos a Asemblea Ordinaria que terá lugar o vindeiro xoves 

26 de setembro de 2019, ás 17:45h en primeira convocatoria e ás 18:15h en segunda convocatoria, no 

CEIP Emilio González López.

Orde do día:

1.-Novas incorporacións á Xunta Directiva. 2.-Aprobación de contas.

3.-Comedor. 4.-AAEE.

5.-Festas e excursións. 6.-Rogos e preguntas

Pregamos a vosa asistencia, os temas a tratar serán importes para o desenvolvemento do presente 

curso 2019/20. Atentamente,

A ANPA                                                                                              

                           En Brexo-Lema, a 13 de setembro de 2019

----------------------------------------------------------------------------------------------------

------------------------------------------------------------

 

Circular Informativa AAEE Septembro 2019

Estimadas familias:

Dende a ANPA, desexámosvos un feliz inicio de curso e aproveitamos para informarvos dos seguintes servizos:

 

1. MAÑANCEIRO: (aberto desde as 7.30h)  Todas as familias interesadas, xa sexa de xeito esporádico ou continuado, terán que inscribirse no Rexistro do Concello de Cambre.

 

2. ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES:  Comezan todas dende hoxe, día 11 de setembro incluido  (en horario de 16.30 a 17.45), menos a actividade de natación que comezará en outubro (ampliaremos información sobre o bus, a data de inicio, etc. mais adiante)

 

A listaxe das actividades é a seguinte:

 

DÍA

ACTIVIDADE

CURSOS

INSCRITOS/AS

VACANTES

 
 

LUNS

ROBÓTICA 2

2º E.P. A 6º E.P.

15

0

 

PATINAXE 1

4º E.I. A 1º E.P.

15

0

 

PATINAXE 2

2º E.P. A 6º E.P.

14

1

 

MARTES

XOGOS MUSICAIS

4º E.I. A 1º E.P.

10

5

 

INFORMÁTICA

2º E.P. A 6º E.P.

11

1

 

MÉRCORES

ZUMBA 1

4º E.I. A 1º E.P.

13

2

 

XIMNASIA RÍTMICA

1º E.P A 6º E.P

19

0

 

JUDO

1º E.P A 6º E.P

17

0

 

XOVES

CAPOEIRA

TODOS

11

4

 

ATLETISMO

2º E.P. A 6º E.P.

20

0

 

TEATRO

4º E.I. A 3º E.P.

14

1

 

VENRES

ZUMBA 2

2º E.P. A 6º E.P.

12

3

 

HOCKEY

1º E.P A 6º E.P

10

5

 

NATACIÓN 1

4º E.I. A 6º E.I.

18

0

 

NATACIÓN 2

1º E.P A 6º E.P

27

3

 

 

 

 

A actividade de Baile galego (para todos os cursos), prevista para os martes, aínda non  acadou o 

número mínimo

de persoas apuntadas (hai 6 e o grupo se forma con 10), polo que seguirá aberto o prazo de 

inscrición ata o 25 de setembro. De non chegar ao mínimo, cancelarase a actividade en outubro. Nos 

vindeiros días vos informaremos da posibilidade dunha clase de proba para Baile Galego, co fin de 

acadar o cupo mínimo así como da 1ª Xornada de Portas Abertas.

Para o resto das actividades nas que hai vacantes, as familias interesados poderán seguir 

inscribíndose ata o segundo trimestre.

Lembrámosvos que perante o primeiro trimestre NON se poderá dar de baixa as actividades nas que se 

está incrito/a.

Ademais recordarvos que na oficina da ANPA contamos con algún equipamento que poderá ser prestado 

para o curso.

 

3. SERVIZO DE COMEDOR: Estará operativo dende hoxe, día 11 de setembro incluido. Recordámosvos de 

que para anotarse ao Comedor deben cumprimentarse dúas solicitudes: unha para a ANPA en formato 

papel (entregouse ó final do curso pasado e incluíuse na documentación de novos ingresos) e outra 

dixital para Jardanay (a empresa que presta e factura o servizo). Para as familias que non o 

fixeron, facilitamos a ruta para cubrir a solicitude de alta:

Google: Jardanay.es      Área de Clientes      CEIP Emilio González López

 

Username/Email: emiliogonzalez (xunto, en minúsculas e sen tilde) Password: Comedores-2020          

      (Primeira maiúscula e guión medio)

A partir desde curso, todas as altas, modificacións e baixas que vaian xurdindo, deberán 

xestionarse directamente polas familias a través da web de Jardanay. Lembrade que o servizo se 

cobra a principios de cada  mes (por adiantado), así que o último día para rexistrar cambios será o 

día 26 de cada mes.

Por último, os nenos e nenas teñen colgadoiros individuais para os seus cepillos e pasta de dentes 

comunitaria. Por favor, por mor da hixiene, que traian os cepillos de dentes con capuchón e sen 

estuche de plástico ou tea.

Na ANPA estaremos á vosa disposición para axudarvos no que precisedes e para facer as correccións 

necesarias.

Podedes contactar connosco no tfno: 881 880 365 ou no correo electrónico 

anpabrexolema2013@gmail.com. Os documentos para as inscricións pódense recoller directamente na 

oficina da ANPA ou baixalos da páxina web www.edu.xunta.es/centros/ceipemiliogonzalez/

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Se queres formar parte activa da educación dos teus fillos e fillas, contacta con nós e súmate á 

ANPA

 

 

Moitas grazas pola vosa atención                                                                    

 En Brexo-Lema, a 11 de setembro de 2019

 

No fin de curso: Larpeiras!

Boas, familias!

 A ANPA convidará mañá a larpeira para festexar o San Xoan a todas as nenas e nenos durante as actividades de fin do curso 2018/19...

Terán que repoñer forzas para seguir de festa!

Un saúdo e feliz verán

 

  Subvenciona:

 

 

 

Alén

Programación da Rede Cultural da Deputación da Coruña ao abeiro das axudas do Programa Alicerce 2019

Obra de teatro da Compañía Paso de Valverde: Alén (xoves 20/06/19)

Ola familias:

Dar as grazas á Asociación Teatral Paso Valverde, polo traballo que fixeron de despedida do curso 2018/2019.

Dar as grazas ás familias, grazas á vosa colaboración podemos seguir ofrecendo actividades como estas a os nenos/ as.

Un Saúdo

Probas de reválida 2018/2019

Boas familias:

Pasamosvos informacion das Probas da reválida.

Pinchade nos seguintes links.

 COMUNICADO DA Fede 3º EP-19.pdf

 

XUSTIFICACIÓN DE AUSENCIA DE ALUMNADO AO CENTRO EDUCATIVO

Un Saudo

VISITA AMBULANCIA

 

GRACIAS , os Voluntarios da Asociación AVAN, unha ONG galega de asistencia sanitaria ,por traer a ambulancia co fin de ensinar ós nosos nenos e nenas o seu funcionamento.

 

GRACIAS as familias por colaborar con eles e axudalos na campaña de RECOLLEITA DE ROUPA + XOGUETES

PISTA XEO 2018/2019

 Se tedes fotos vosas e queredes que as colguemos na web, por favor mandadeas o correo da Anpa

anpabrexolema2013@gmail.com

Moitas grazas pola vosa colaboración

 

PREMA NA IMAXE PARA VER O VIDEO

 

 

HOCKEY

AINARA VIDAL FRANCO

Convocada para a selección galega sub 14 de Hockey herba que a fin de semana pasada diputó en Xixón o campionato de España por autonomías.

SAMAIN 2018

 Este curso 2018/19 o Samaín foi terroríficamente divertido e pensamos que tanto maiores coma pequenos disfrutamos un montón da festa. Por iso, dende a ANPA, non queremos perder a ocasión de agradecervos a todos e todas as participantes a vosa colaboración e bo humor

 

Un enorme gracias a Félix pola súa aportación, pola que puidemos ter música e baile

 

Mención especial ós alumnos/as e familias de 6º pola preparación e xestión da Cantina

 

Recordarvos que é grazas as cotas de socio da ANPA e grazas ó traballo en equipo que poidamos organizar estes eventos tan chulos.

 

Contamos con vos para seguintes edicións!!!!

Se tedes fotos e queredes que as colguemos na web, por favor mandadeas o correo da Anpa

anpabrexolema2013@gmail.com

Prema na imaxe para ver o video.

 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut