Skip to Content

Novas

RECOLLEITA DE NADAL PARA A DESPENSA MUNICIPAL

Onte, as rapazas e rapaces de 5ºE.P, achegaron as vosas doazóns á Despensa Municipal.

Aproveitaron para ver o destino da recolleita e a labor do voluntariado.

Moitísimas grazas, un ano máis pola vosa participación, familias!!!

XORNADA DE PORTAS ABERTAS ESTA SEMANA

PROGRAMA IGUALDADE ANPA BREXO LEMA

SECRETARÍA XERAL DE IGUALDADE

Operación cofinanciada con Fondos finalistas

do Pacto de Estado contra a violencia de xénero

Obradoiro en clave de Igualdade: O Botrato

Obradoiro Enred-ando coa Igualdade

Charla Escola de familias: A Igualdade apréndese

Samaín 2019/20

A Deputación da Coruña Subvenciona as Actividades e Materiais Culturais da ANPA Brexo-Lema 2019

Obra de Teatro PUMPUM

 

 
Moi boas, familias:
Dentro do programa sobre a Igualdade organizado pola ANPA ao abeiro das axudas da Secretaría Xeral de Igualdade para o presente curso, o luns 14/10/2019 todo o Emilio González López foi ao teatro.
Os nosos agradecementos a Compañía Baobab, que encandilaron a todas e todos coa súa maxia. 
 
 
 

BAILE GALEGO PORTAS ABERTAS

Estimadas familias,

Informámosvos de que o vindeiro martes 24 de setembro, co fin de que poidades probar a Actividade de Baile Galego, celebrarase unha clase de portas abertas que terá lugar no Pavillón de 16:30h a 17:45h.

Poden participar todos aquelos alumnos e alumnas que o desexen e non será necesario recoller antes da clase ao alumnado do Comedor que queira asistir.

As familias interesadas en anotarse na actividade para todo o curso, contactade connosco no correo: anpabrexolema2013@gmail.com, a prórroga de inscrición de Baile Galego quedará aberta ata o venres 27 de setembro.

Se non se chega ao cupo mínimo de 10 participantes, quedará desestimada.

Recordámosvos tamén a Asamblea Ordinaria do xoves 26 (17:45h primeira convocatoria e18:15h segunda).

Moitas grazas pola vosa atención.

A ANPA

En Brexo-Lema, a 20 de setembro de 2019

Distribuir contido


by Dr. Radut