Actividades
LISTADOS ACTIVIDADES 2018/19
Hola familias:
Estes son los listados de comienzo de curso 2018/2019
Pinchar AQUI para poder verlos
Un Saludo
Gracias
XORNADAS DE PORTAS ABERTAS
Saúdos, familias:
Pola presente comunicámosvos que a semana do 30 de Maio ó 5 de Xuño, co obxectivo de que podades ver o desenvolvemento do alumnado nas diferentes actividades extraescolares, terán lugar as xornadas de portas abertas nas actividades que teñen lugar no colexio, no seu horario habitual de 16:30h a 17:45h.
As portas abertas de piscina serán o venres 16 de xuño, en horario de 18:30 a 19:15 (lembrade traer as chanclas)
Agradecendo a atención a presente, despídese atentamente
A ANPA
Brexo – Lema, 18 de Maio de 2017
CIRCULAR PATINAXE (GRUPO DOS MARTES)
DATA: DOMINGO 30 ABRIL DE 2017
HORARIO DOS NEN@S: 16:00 (para prepararse, prégase puntualidade)
COMEZO DAS ACTUACIÓNS: 17:00
LUGAR: PAVILLÓN DO ESPIÑO - CARRAL
O pavillón abrirase ao público ás 16:30, antes non se abrirán as portas.
NON SE PODE ACCEDER Á ZONA DA EXHIBICIÓN ATA QUE REMATE POR COMPLETO O ACTO.
RECOMÉNDASE LEVAR AUGA E ALGO DE ABRIGO PARA OS MOMENTOS NOS QUE NON ACTÚEN.
Lembrade que os/as participantes deben acudir ca indumentaria, os patíns xa os poñen no pavillón.
Vestiario que terán que levar os nen@s nas exhibicións de abril e xuño:
- Camiseta branca
- Mallas “leggins” negras ou pantalón elástico negro
- Fundas patíns negras
- Sombreiro branco (con abelorios)
- Guantes brancos (se é posible con abelorios)
Grazas pola vosa colaboración
CIRCULAR PATINAXE (GRUPO DOS LUNS)
DATA: DOMINGO 30 ABRIL DE 2017
HORARIO DOS NEN@S: 16:00 (para prepararse, prégase puntualidade)
COMEZO DAS ACTUACIÓNS: 17:00
LUGAR: PAVILLÓN DO ESPIÑO- CARRAL
O pavillón abrirase ao público ás 16:30, antes non se abrirán as portas.
Lembrade que os/as participantes deben acudir ca indumentaria, os patíns xa os poñen no pavillón.
NON SE PODE ACCEDER Á ZONA DA EXHIBICIÓN ATA QUE REMATE POR COMPLETO O ACTO.
RECOMÉNDASE LEVAR AUGA E ALGO DE ABRIGO PARA OS MOMENTOS NOS QUE NON ACTÚEN.
Vestiario que terán que levar os nen@s nas exhibicións de abril-xuño:
- Camiseta negra
- Mallas negras
- Fundas patíns negra
- diadema
- Bolsa camiseta
Grazas pola vosa colaboración
PORTAS ABERTAS
Saúdos, familias:
Pola presente comunicámosvos que a semana do 27 ó 31 de marzo, co obxectivo de que podades ver o desenvolvemento do alumnado nas diferentes actividades extraescolares, terán lugar as xornadas de portas abertas nas actividades que teñen lugar no colexio, no seu horario habitual de 16:30h a 17:45h.
As portas abertas de piscina serán o venres 31 de marzo, en horario de 18:30 a 19:15 (lembrade de traer as chanclas)
Lembrámosvos que para dar de baixa en algunha actividade, teres ata o 30 de marzo.
.
Agradecendo a atención a presente, despídese atentamente
A ANPA
Brexo – Lema, 24 de marzo 2017
