PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO (4º Educación Primaria)

Esta semana é a aula de 4º de educación primaria a que nos amosa todo o que traballaron sobre as fragas: un lugar máxico que esconde cousas marabillosas.

PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO (3º Educación Primaria)

O alumnado de 3º de Educación Primaria amósanos como ollar as nosas fragas con curiosidade, admiración, respecto e gañas de coñecer e desfrutar da natureza. A través deste vídeo inspirado no traballo da @laclasede_loida dan a coñecer o que aprenderon ao longo deste proxecto.

3 DE MAIO, DÍA NON LECTIVO

O luns 3 de maio é un dos días de libre disposición elixidos polo centro educativo, polo tanto, non haberá clase.

PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO (3 anos)

Hoxe é a aula de infantil de 3 anos a que nos amosa todo o que traballaron sobre a natureza: os minimundos, elementos naturais que nos rodean, reciclaxe...

UN INSTAGRAM CON MOITOS RECURSOS

Boas familias! Para este último trimestre quedáronme por presentarvos dous perfís nas redes sociais de dúas das nosas mestras.

Esta semana vou comezar coa profe Laura, titora de terceiro e unha namorada das matemáticas manipulativas e da aprendizaxe a través de dinámicas de xogo. No seu perfil de INSTAGRAM chamado @serendipityclase podemos ver unha gran mostra de tarefas coa súa aula que nos mostra diferentes actividades de aprendizaxe. Botádelle un ollo porque hai propostas moi interesantes. Espero que vos guste!!

Véxovos a próxima semana!!

PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO (4 anos)

Hoxe é o alumnado de infantil de 4 anos o que nos mostra todo o que traballaron no eido da natureza. Coñecendo a fauna e a flora da contorna, e cultivando actitudes de coidado e respecto para a súa conservación.

INFORMACIÓN IMPORTANTE: ADMISIÓN E MATRÍCULA CURSO 2021/22

Informamos que todas as solicitudes de admisión presentadas foron admitidas. Lémbrase  a obrigatoriedade de formalizar a matrícula do 21 ao 30 de xuño.
Preme AQUÍ para ver a documentación a presentar para formalizar a matrícula.

CONTINUAMOS CO PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO (5 anos)

Proxecto Documental Integrado: "A Fraga do meu avó".
Que o noso alumnado coñeza as especies animais e vexetais do ecosistema que nos rodea é o fío condutor do noso proxecto de biblioteca. Pretendemos contribuír positivamente nos seus hábitos diarios e que sintan, coñezan e respecten a natureza.
 

DIAGNOSE E SEGUIMENTO DA CONVIVENCIA ESCOLAR. 2020/2021

Dende a Consellería de Cultura, Educación e Universidade veñen de poñer en marcha a realización dunha nova enquisa on-line que permita analizar o estado da convivencia escolar e das novas formas nas que se está a desenvolver como consecuencia do impacto da COVID-19 na comunidade educativa.

Esta sondaxe ten por finalidade coñecer a opinión dos distintos colectivos (profesorado, alumnado, persoal non docente e familias) e permitirá, a través da análise das respostas obtidas, a introdución de avances e melloras neste ámbito dun xeito global e integrador.

A participación da comunidade educativa nesta enquisa é fundamental e por iso necesitamos da implicación dos distintos colectivos e da súa imprescindible colaboración no proceso de realización.

O alumnado de 5º e 6º de educación primaria contará con tempo na xornada escolar para acceder ao cuestionario.

O alumnado levará as claves de acceso persoais coas que todas as familias do centro poderán cubrir voluntariamente a enquisa on-line dende os seus domicilios.

O enlace de acceso á enquisa é: https://www.edu.xunta.gal/convfamil

  A ENQUISA ESTARÁ OPERATIVA DESDE O 12 AO 29 DE ABRIL DE 2021

 (AMBOS OS DOUS DÍAS INCLUÍDOS).

 

Distribuir contido