Skip to Content

Novas

TALLER DEL CONTROL DE LA IRA

Pincha en la imagen para informarte sobre este taller gratuito.

SAÍDA PISTA XEO MARINEDA 16 DECEMBRO E PORTAS ABERTAS

Estimadas familias,

O sábado 16 de Decembro organizaremos unha saída para patinar durante unha hora (10:00h. - 11:00h.) na pista de xeo de Marineda City.

O autobús sairá do colexio ás 9:15h e voltará sobre ás 12:00 h. o prezo da actividade é de 4 €/persoa para os socios e 10 €/persoa para o resto. O alumnado de Educación Infantil, 1º e 2º de Educación Primaria deberán ir acompañados dun adulto.

Lembrade que hai que levar luvas e roupa de manga longa para entrar na pista de xeo.

Para participar hai que pasar pola oficina da ANPA (de luns a venres de 16:45h a 17:30h) a entregar a inscrición (pódese descargar da web ou recollela na oficina da ANPA) e pagar a actividade do 20 de Novembro ó 5 de Decembro.

Pregamos traian o diñeiro xusto.

 

Unha vez feito o pago NON se admitirán devolucións.

 

PORTAS ABERTAS AAEE DO 11 O 15 DE DECEMBRO

 

Tamén vos comunicamos que o vindeiro venres 15 de Decembro terá lugar a xornada de portas abertas para a actividade de Natación na piscina da Barcala en horario de 18:30h a 19:15h. Lembrade que para acceder ó interior da instalación será IMPRESCINDIBEL  o uso de CHANCLAS. (Está prohibido dentro das instalación a gravación en vídeo ou sacar fotos)

            Así mesmo, durante toda esa semana, terán lugar as xornadas de portas abertas nas actividades que se desenrolan no colexio no seu horario habitual de 16:30h a 17:45h.

 

 

E por último, recordarvos que o prazo para darse de baixa nas AAEE para o  segundo trimestre remata o xoves 15 de Decembro.

XIV XORNADA DE NAIS E PAIS. EDUCANDO EN IGUALDADE

Dende a Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia organizamos a XIV Xornada de Nais e Pais. Educando en Igualdade: Rompendo cos estereotipos de xénero que terá lugar o sábado 4 de novembro de 2017 na EGAP, en Santiago de Compostela.

 

Nos arquivos adxuntos dispón da información da Xornada, así como a inscripción á mesma.

 

Agardando sexa do seu interese.

 

DIPICO

 

INSCRIPCION

 

 

ENQUISA PLAN IGUALDADE

HOLA FAMILIAS

O Concello de Cambre está tentando elaborar un segundo plan de igualdade .

Para recoller información, o equipo encargado da súa redacción solicita a colaboración das persoas interesadas nesta temática mediante unha enquisa.

Remítovola por se vos interesa responder.

Un saúdo

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut