blogue de_Os pequerrechos de Brexo

SAN SILVESTRE

Está mañá corrimos a SAN SILVESTRE, para rematar o ano facendo exercicio e coidando o noso corpo. Pasámolo moi ben, todos chegamos á meta sen dificultade. Mirade que guapos estamos nas fotos!

 

 

 

 

Visita de PAPA NOEL

Por fin chegou!!. O martes 13 de Decembro visitounos Papá Noel e recolleu as nosas cartas.

 

TEATRO COLÓN

O luns 28 fomos ver a obra de teatro " Güela, Güela ". Gustounos moito e pasámolo moi ben!  Mirade algunhas fotos.

 

 

EXPOUTONO

Moitísmas gracias polas vosas aportacións a "Expoutono 2016/17".

Sodes uns Artistas!!

Podedes pasar a visitala Exposición os luns pola tarde deste mes de Novembre.

 

 

 

PROXECTO " O CORPO"

Como xa sabedes estamos traballando o proxecto do corpo. O luns tivemos a visita de Lidia que nos falou do embarazo e o venres recibimos a Alba que nos falou dalgúns aparellos que usan os médicos, dos difrentes especialistas... Aprendimos moitas cousas e pasámolo moi ben!

 

 

 

 

TEATRO

Onte, 2 de novembro, tivemos unha obra de teatro no cole de educación emocional, "De mil Amores".

O "Dr. Tilla" contounos cousas moi interesantes do noso corazón, e logo estivemos bailando, saltando e sentindo moitas emocións con Naiara er Silvia.

O venres virán outra vez a facer outro obradoiro con nós.

VISITA DO MOUCHO

O venres 28 tivemos a visita do Moucho. Como sempre contounos moitos contos moi  divertidos:  "LOS PÁJAROS"  " EL POLLO PEPE " E "TURELÍ, TURELÓ"  . Tamén nos deixou moitos  libros para ler na clase. Pasámolo moi ben! 

 

 

 

 

DECORACIÓN DAS PORTAS

Con motivo do Samaín decoramos as portas da clase .  Mirade que bonitas quedaron!  

 

 

 

 

MERENDA DE SAMAÍN

O día 25 celebramos unha merenda saudable de Samaín, convertimos uns plátanos en  pantasmas e unhas mandarinas en cabazas. Foi  un almorzo estupendo !

 

 

 

 

 

 

Benvida!

Hola a todas e todos!. 

Este curso 2016/17 este blog recollerá as novas das clases de 4 e  5 anos.

Os "Pequerrechos de 4 anos" comezaron co proxecto do Corpo e os "Pequerrechos de 5 " co proxecto da Familia e o Protagonista da semana.

Distribuir contido