Skip to Content

blogue de_Os pequerrechos de Brexo

SAN SILVESTRE

Un ano máis tivemos cita coa "SAN SILVESTRE" no nosos colexio. E van sete!

Recorda  O DEPORTE É SAÚDE PARA O TEO CORPO.

NADAL

O mércores 20 de decembro tivemos o Festival de Nadal .  As clases de 3 e 4 anos cantaron unha panxoliña e a clase de 5 anos fixo unha pequena obriña e cantaron unha panxoliña. Fixérono moi ben, son uns artistas!  

O xoves 21 tivemos unha obra de teatro  " O país dos Mandóns " e despois houbo unha merenda con todas as larpeiradas que trouxeron da casa.

 

 

VISITA DE PAPÁ NÖEL.

O martes visitounos Papá Nöel, estabamos moi emocionados cando lle dimos a carta coas nosas  peticións de agasallos. El deunos uns caramelos.  Foi moi emocionante!!

 

25 de Novembro.Día contra a violencia de xénero.

Este venres quixemos aportar  desde a escola , o noso gran de area para protestar contra a " VIOLENCIA DE XÉNERO ".

Traballamos o conto " O PAÍS DOS MANDÓNS"   de Paloma Rodríguez e Cristina Justo ,  da editorial Embora.

Todos e todas estamos de acordo en que queremos un  PAÍS DA IGUALDADE.

Educación en valores

Esta semana  e  durante duas sesións máis , ATALAIA SOCIAL desnrola un programa de educación en valores para o alumnado de E.Infantil . 

O programa está financiado pola Deputación e A.N.P.A.

Aquí tedes algunhas fotos da primeira sesión onde traballamos  competencias emocionais.

 

O MAGOSTO

Un ano máis  , todo o colexio xuntámonos para comer as castañas no magosto.

Antes pasámolo xenial no pavillón disfrutando dalgúns xogos populares.

     

 

VISITA DO MOUCHO

O 20 de outubro 2017 visitounos o Moucho. Deixounos uhna bolsa de libros en préstamo para cada aula de educación infantil e primeiro de primaria. Contounos varios  contos  “El gallo que no sabía cantar “.     ¿De quién es este rabo?”,  “ Dona Carme” e “A casa da mosca chosca “

Pasámolo moi ben! Hai máis fotos na galería

 

 

 

SAMAÍN

Un ano maís celebramos o Samaín. Decoramos a porta das clases, fixemos manualidades e contamos coa vosa colaboración para decorar as cabazas. Mirada que bonita quedou a exposición de  OUTO- SAMAÍN.

 

 

 

A ESCOLA

Comezamos un novo curso, no blog imosvos informar de todas as novas das clases de Infantil de 5 anos e da clase mixta de 3 e 4 anos.  Benvidos á "ESCOLA".

 

 

FESTA DA AUGA

Como fai tanta calor, decidimos facer unha festa da auga. Félix, o pai de Carmen, trouxo unha máquina de espuma, tamén xogamos cos cubos, coas pistolas e globos de auga.  PASÁMOLO MOI BEN !

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut