Skip to Content

NOVAS

Actividades Complementarias e Extraescolares

ABRAHAM CARREIRO

Co motivo do proxecto de mellora da biblioteca Tambo, levouse a cabo unha actividade moi gratificante como foi a visita do ilustrador Abraham Carreiro. Aproveitamos as súas cualidades artísticas para aprender a debuxar animais dunha forma sinxela, práctica e efectiva.

Como recordo desta sesión deixounos un orixinal debuxo da nosa mascota, o que poderedes ver na biblioteca cando abra as súas portas.

Participaron nesta xornada os alumnos do 2º e 3er ciclo de primaria, facendo os seus "pinitos" no mundo da ilustración.

A continuación presentamos unhas fotos que resumen a actividade. A ver cantos famosos/as ilustradores/as saen desta sesión!!!!!!!.

DÍA DA PAZ

O Día Escolar da Paz e a Non Violencia foi fundado en 1964 e coñecido tamén por Día Mundial ou Internacional da Non-Violencia e a Paz . Celébrase o día 30 de Xaneiro e é unha iniciativa pioneira, non estatal, non gubernamental, non oficial, independente, ceibe e voluntaria da Educación Non-violenta e Pacificadora , practicada xa nas escolas de todo o mundo e á que están invitados a participar os centros educativos de todos os países. Celébrase con motivo do aniversario da morte de Mahatma Gandhi, o home da “alma grande”, que coa súa loita pacífica e as súas accións de non- violencia, conseguiu que a independencia da India, seu país natal, fixérase realidade.

O Colexio O Carballal, vai celebrar ese día con distintas actividades que poderedes ver na web do cole. No apartado de galería tamén subiranse as fotos desta conmemoración.

Como exemplo citar a canción versionada de "Ai si eu te pego" que van cantar un grupo de alumnos/as. A continuación podedes ver o resultado deste tema musical:

AY YO NO TE PEGO

Niño, niña

así vemos la paz

ay yo no pego, ay ay yo perdono.

Caricias, caricias

aquí no se nos pasa.

A Maxia de Papá Nöel

A maxia de Papá Nöel chegou ó noso cole, e descubriredes a ledicia dos nenos e nenas e tamén dos mestres!!!

Moitas gracias Papá Nöel por visitarnos de novo e agardámoste para o ano que ven !!!!!

Distribuir contido


by Dr. Radut