Skip to Content

NOVAS

Actividades Complementarias e Extraescolares

Mandadiño

Con un pouco de retraso sobre o previsto, no seguinte enlace podedes consultar "O Mandadiño" deste curso.

Animámosvos a que participedes

XORNADA DE PORTAS ABERTAS NO CEIP CARBALLAL

O próximo luns día 11 de marzo, ás 16:30 horas, realizarase unha xornada de portas abertas no Centro.

A esta xornada  están invitadas todas aquelas familias que teñen alumnado en idade de escolarización para Educación Infantil e Primaria.

O Centro presentará a súa oferta educativa, ampliada con proxectos de dinamización e formación e os servizos que presentan de cara ao curso escolar 2013-14 e realizarán unha visita guiada polas instalacións do mesmo.

Esta experiencia realízase xa por cuarto ano consecutivo e o seu obxectivo é que as familias acudan ao centro para comprobar in situ e para aclarar as dúbidas que poidan ter.

Tamén se repartirá un díptico explicativo con toda a información, programas, etc.

II SEMANA DA FROITA

 

O luns día 21 de xaneiro celébrase a II Semana da Froita do curso 2012-13 coa colaboración do FOGGA e enmarcada dentro do Plan Proxecta da Consellería de Educación. Con esto rematamos este ano a Semana da Froita Fresca despois de que se celebrara a I Semana entre os días 1 e 5 de Outubro.

Como é habitual toda a froita consumida durante esta semana é de cultivo ecolóxico, o que fai que, aínda que en moitos casos o seu aspecto non sexa tan "perfecto", gañamos en sabor, algo do que todo o alumnado se dá de conta.

Esta semana tomaremos plátano, mazá, kiwi, ananás e mandarina. Ademáis, a empresa suministradora mandaranos tamén unha froita que non coñecemos: a TÁNXARA, para ter a oportunidade de probala.

Pola información recibida, este froita é autóctona da zona do Xurés, no val do río Limia, onde se cultiva desde o século XIII, porque as características do seu microclima fan que a producción sexa posible.Ven sendo unha mandarina "antiga", con aspecto de laranxa pequena. Actualmente non se consume tanto porque ten pebidas e os consumidores adoitan rexeitar este "inconveniente".

Distribuir contido


by Dr. Radut