Skip to Content

Solicitudes de Admisión do Alumnado para o Curso 2019-2020

Achegamos o calendario para presentar as solicitudes de Admisión de Alumnado para o vindeiro curso 2019-2020

Para a presentación das solicitudes de admisión (do 1 ó 20 de marzo) requerirase a seguinte documentación:

  • Fotocopia do Libro de Familia ou do DNI do/a neno/a.
  • Se o/a alumno/a procede doutro centro, precísase un certificado de matrícula o cal deben solicitar na secretaría do centro de procedencia.
  • No caso de separación ou divorcio será necesaria a sinatura de ambolos dous proxenitores, agás que a patria potestade estea atribuída, con carácter exclusivo, a un deles. En ambos casos, será necesario presentar, xunto coa solicitude de admisión, a resolución xudicial correspondente para o seu cotexo polo centro educativo.

 

En caso de dúbida, poden poñerse en contacto co centro no teléfono: 886 15 13 57

 

 

 

 

Xornada de Portas Abertas 2019

 

NOTA: para dar resposta ás solicitudes realizadas por varias familias, se están interesadas/os en coñecer o centro, non dubiden en poñerse en contacto no teléfono do centro: 886 15 13 57.

 

Como ven sendo tradición no CEIP do Carballal, informamos a TODA a COMUNIDADE ESCOLAR,que o vindeiro martes 5 de febreiro de 2019, ás 18:00h, realizaremos a xornada de portas abertas.

Trátase dunha xornada na que poderán coñecer o centro, as instalacións, os diferentes departamentos, a metodoloxía de traballo, os proxectos e programas nos que estamos inmersos, o profesorado que imparte docencia, así coma  consultar as dúbidas que teñan sobre o centro e o seu funcionamento.

 

 

 

Aberto o prazo de reserva de prazas para o curso 2019/2020

O día 1 de febreiro de 2019, iniciouse o proceso de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos.

No seguinte enlace teñen a información da web da Consellería:

http://www.edu.xunta.gal/portal/node/26923

Poden descargar o formulario de reserva no enlace, no arquivo adxunto que se achega ou tamén o poden solicitar no centro.

O prazo para solitar a reserva de praza é do 1 de febreiro ó 15 de febreiro de 2019.

Esto supón que o alumnado procedente do noso centro adscrito, a EEI Nosa Señora do Carme de Marín, pode presentar a solicitude de reserva de praza neste periodo de tempo.

Implica tamén que o alumnado de 6º de EP pode solicitar a reserva de praza para o IES Mestre Landín, centro ao que estamos adscritos.

No casa de dúbidas, poden poñerse en contacto co centro para poder aclaralas.

 

 

MAGOSTO 2018

Ola a todos, é hora de preparar o voso envase para o magosto, que celebraremos o 13 de novembro.

Aquí deixamos as instrucións para facelo.

AbalarMóbil

Segundo a nova Normativa en materia de Protección de datos, a partires do 1 de xaneiro de 2019 o centro deixará de empregar a aplicación Tokapp a prol de abalarMóbil.

Ambalas dúas aplicacións convivirán durante o primeiro trimestre do curso 2018-2019 para favorecer a tránsito de unha á outra.

AbalarMóbil é unha aplicación totalmente gratuíta, tanto para as familias coma para o centro. É unha aplicación da Consellería de Educación e Ordenación Universiaria, polo que cumple con todos os requisitos en materia de protección de datos.

A partires de setembro, esta aplicación abalarMóbil implementará novas funcións que servirán para facilitar a comunicación entre tódolos membros da nosa comunidade escolar.

 

No seguinte enlace, poden ver toda a información relativa á nova Normativa de protección de datos: 

https://www.aepd.es/normativa/index.html

 

No seguinte, poden obter toda a información referida á aplicación abalarMóbil:

https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/nova/abalarmobil

 

No arquivo adxunto poden consultar unha pequena guía eplicativa tanto para a instalación da app coma para a posterior configuración.

 

Resolución Definitiva Centros EDIXGAL

Publicación da Resolución DEFINITIVA de centros para participar no proxecto de Educación DIxital (E-dixgal) durante o curso 2018-2019.

No arquivo adxunto ou no seguinte enlace, pódese ver toda a información relativa ao Proxecto de educación Dixital E-DIXGAL.

De acordo coa resolución definitiva: "...o alumnado matriculado nos centros e cursos incluidos no proxecto educación dixital (E-Dixgal) no curso 2018/19 está excluido da participación no fondo so lidario de libros de texto e das axudas para adquirir libros de texto.
Non obstante, terá dereito á axuda para adquirir material escolar, así como ás establecidas na disposición adicional primeira e segunda, se reúne os requisitos establecidos nesta orde."

É por iso que o alumnado que para o curso 2018-2019 curse 5º de Educación Primaria non empregará os libros de texto en formato papel.

O material dixital será entregado polo centro ao inicio do curso escolar 2018-2019.

Ó longo do mes de setembro realizaremos unha reunión informativa coas familias, onde aclararemos tódalas dúbidas que poidan xurdir.

 

Resolución Provisional Centros EDIXGAL

Publicación da Resolución provisional de centros para participar no proxecto Educación dixital (E-Dixgal) durante o curso 2018/2019.

No seguinte enlace, pódese ver o listado de centros que se incorporan no Proxecto Educación dixital (E-Dixgal) EDIXGAL, sendo o CEIP do Carballal un deles.

Este proxecto afecta nun primeiro intre a todo alumnado que para o vindeiro curso 2018-2019 cursará 5º de EP, e nun segundo momento,para o curso 2019-2020, afectará ó alumnado de 5º e  6º de EP.

 

 

 

LISTAXE DEFINITIVA DE ADMITIDOS E NON ADMITIDOS NO FONDO SOLIDARIO PARA O CURSO 2018/19

Publícanse as listaxes definitivas de admitidos e non admitidos no fondo solidario de libros para o curso 2018/19.

Non hai solicitudes excluídas.

LISTAS PROVISIONAIS DE SOLICITUDES ADMITIDAS E EXCLUÍDAS DO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2018/19(DOG do 21 de maio de 2018)

SECRETARIA

Relación provisional de:

  • Solicitudes admitidas
  • Solicitudes excluídas por algunha das seguintes causas:presentadas fóra de prazo,por falta de emenda das deficiencias da solicitude e/ou documentación;ou por falta de devolución dos libros de texto recibidos do fondo solidario ou adquiridos coa axuda no curso 2017/18.

As persoas interesadas poderán formular reclamación na secretaría do centro nos dous(2) días seguintes á publicación da listaxe provisional.

Horario da secrtetaría do centro: 9:30h a 14:00h

A relación definitiva de solicitudes admitidas e,de ser o caso,excluídas,publicaranse no taboleiro de anuncios e/ou na páxina web do centro.

Listado de libros de texto para o curso 2018-19

Publicación do listado de libros de texto para o curso 2018-19.

AVISO IMPORTANTE:

O alumnado que vai cursar 5º curso de E.P., debe esperar á resolución da convocatoria de E-dixgal, xa que no caso de ser concedida, non utilizarán libros en papel, senón dixitais, que serán proporcionados polo centro A TODO O ALUMNADO. Informaremos ás familias deste tema en canto teñamos a resolución da solicitude.

Distribuir contido


by Dr. Radut