Skip to Content

Emprego da Aula Virtual

Seguindo as instruccións da CCEU os centros educativos deberán ter activas as aulas virtuais como ferramenta de ensino semipresencial no caso de que, polas circunstancias sanitarias do momento, se teña que optar por esta medida de semipresencialidade.

A aula virtual do centro está activada polo que para acceder deberán introducir un nome de usuario e  contrasinal.

O contrasinal é xenérico e obrigaralles a cambialo no seu primeiro uso.

O nome de usuario, por protección de datos e do tipo:

alxxxxxx onde os x son números.

Para acceder á aula virtual, simplemente  clicando no acceso directo sito na parte superior dereita:

 

Unha vez aberta a nova ventá, accedemos tamén clicando arriba na dereita:

A continuación, introducen o usuario e contrasinal facilitado polo centro:

Neste mini titorial poden visualizar como acceder á aula virtual. Unha vez dentro da aula virtual creouse un novo curso para todos/as no que poden ver outros titoriais: Tutoriais Aula Virtual

Acceso á Aula Virtual

Para o traballo do alumnado, pensamos que é máis doado para eles empregar a aplicación de Moodle (pódese descargar para dispositivos android, iOS, windows, macOS, Linux)

Deixamos aquí o enlace a Moodele onde poden consultar información sobre a app:

MOODLE

Aquí o acceso á descarga do programa:

Descarga MOODLE

 



story | by Dr. Radut