Skip to Content

NOVAS

Actividades Complementarias e Extraescolares

EDUCACIÓN VIAL

   O pasado 2 de Marzo, viñeron ata o colexio encargados da Policía Local, Dirección General de Tráfico (DGT) e Protección Civil, para darlles unha charla aos alumnos/as de 3º e 6º curso.

   A temática trataba sobre aspectos relacionados coa Educación Vial (os peatóns, sinais de tráfico, perigos na rúa, entre outros).

   Para que as aprendizaxes fosen máis significativas, trataron a teoría por medio da práctica, empregando para iso medios de transporte como bicicletas e cars adaptados a un circuito. Éste estaba preparado con sinais no chan (frechas de sentido, pasos de peóns), sinais verticais (semáforos, sinais de stop, de ceda o paso), rotondas, etc.

   Todo o alumnado participou na práctica pasando uns intres inesquecibles, tanto foi así que ata algún mestre animouse a probar os cars.

   Para que vexades como o pasaron ese día, podedes consultar as fotos que hai no apartado de galería na web do cole.

 

DESFILE DE ENTROIDO

Despois de toda a semana celebrando o Mandadiño, rematamos o entroido cun desfile de todos os/as nenos/as do colexio Carballal polo patio exterior do centro. O profesorado tamén animouse xa que a temática era libre. Isto provocou unha variedade de traxes, colorido, deseños... que se poden resumir nas seguintes fotos. Ata o ano que ven!!!!!

O MANDADIÑO EN PRIMARIA

Este año, na festividade do Entroido, celébrase o mandadiño onde cada día o alumnado xunto cos mestres disfrázanse cun elemento determinado, relacionado cunha temática concreta.
Para o luns podíase elexir algo que tivera que ver cos dálmatas (orellas, pelaxe, gorro, cola, etc).
O martes á temática proposta foi, calquera tipo de insecto (xoaniña, mosca, abella, etc).
Para o mércores podíase vir con algo relacionado cos coellos.
O xoves, o animal elexido foi o porco.
O resultado destes días en primaria foi o seguinte.
Distribuir contido


by Dr. Radut