Skip to Content

NOVAS

Actividades Complementarias e Extraescolares

GOTAS PARA NÍXER

PROXECTO UNICEF: GOTAS PARA NÍXER

Durante estes días estivemos traballando a importancia de usar a auga axeitadamente, ademáis de ver cal é a situación de moitos nenos e nenas do mundo que non teñen a fortuna de contar con auga potable próxima e de calidade.

Por iso paraceunos importante participar na campaña educativa promovida por UNICEF chamada GOTAS PARA NÍXER. A situación deste país africano, un dos máis pobres do mundo no que 1 de cada 5 nenos e nenas non chega aos cinco anos de idade,  precisa da nosa atención e colaboración.

O noso centro cooperou nesta iniciativa organizando un evento, pensado para o 22 de Marzo día Mundial da Auga, que houbo que suspender debido ó mal tempo. Cós primeiros raios de sol o día 16 de Abril aproveitamos para levar a cabo unha carreira solidaria xunto con outras actividades para os máis cativos.

Ao finalizar, como “pago” ao esforzo realizado polos nenos, cada un colaborou cunha aportación económica que faremos chegar á Fundación UNICEF e que contribuirá a mellorar a situación deste país. Entre todos recaudaron unha cuantía de 500 euros. Grazas a todos pola vosa colaboración!!!.

Queredes ver que ben o pasamos ese día???? pois clicade no apartado de galerías e vídeos da web.


 

 

 

 

 

XIV SALÓN DO LIBRO A TODA MÁQUNA

Este curso o centro vai participar no XVI SALÓN DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL DE PONTEVEDRA cos traballos presentados. Pode verse a composición final no ficheiro adxunto.

 

O claustro de profesores/as agradece a participación das familias neste traballo. Sen a súa colaboración tería sido imposible a realización do mesmo.

Tamén queremos agradecer a Eva a súa implicación, xa que grazas a ela todas as máquinas realizadas polo alumnado conseguiron "unirse" nunha gran fábrica.

Vémonos no Salón do Libro.... E seguide maquinando.


 

 

 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut