Skip to Content

NOVAS

Actividades Complementarias e Extraescolares

FINA CASALDERREY INAUGURA A BIBLIOTECA

O martes 18 ás 11 horas, tivo lugar no salón de actos do colexio, a  inauguración da Biblioteca. Asistíu como invitada de honra a escritora Fina Casalderrey, moi vinculada a Marín na súa faceta profesional como mestra.

 Tamén se contou coa presencia de representantes do Concello e representantes de varios centros escolares.

 Todos e todas recibiron á tartaruga Tambo, mascota da biblioteca do Colexio e protagonista dunha preciosa historia creada por unha e parte dos escolares do Centro. Conta, como esta tartaruga de auga, viaxa dende as Illas Galápagos a Marín e despois de quedarse durmida moitos anos convírtese na Illa de Tambo.

 Tambo foi a conductora do acto no que Fina Casalderrey interaccionou co público e relatou varias das súas historias, coa expresividade que a caracteriza, animando aos rapaces a usar a Biblioteca como centro de lecer e fonte de pracer coa lectura ou coa animación de autores, ilustradores, contacontos, etc.

 Despois subiron á biblioteca do centro, para vela e  botar unha ollada as páxinas ilustadas coa historia de Tambo polos seus autores , un libro que xa permanecerá nos fondos do colexio xunto coas creación dos escolares.

 A Biblioteca inaugúrase despois dunha selección polo miudo dos títulos adecuados para o alumnado que está no Centro na actualidade, da mellora da iluminación, fondos bibliográficos e mobiliario dentro do programa PLAMBE (Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares), con amplos espazos para lectura in situ e unha dotación especial para os máis cativos. Conta na actualidade cun rexistro de máis de 4000 volumes.

Para finalizar o acto, Fina Casalderrey  foi  nomeada  madriña da Biblioteca do CEIP Carballal, e asinou no libro de visitas da mesma.


TEATRO NO CARBALLAL CON ALGUNHA SORPRESA

No festival de fin de curso deste ano puidemos disfrutar con unha marabillosa obra de teatro preparada en actividades extraescolares.

Aínda que é un pouco longa e o son non é o desexable coido que paga a pena escoitala.

As imitacións de animáis que hai antes da obra non teñen desperdicio.

Disfrutade do teatro!

MAGOSTO 2017

Ola a todos:

É hora de preparar o voso envase para o magosto, que celebraremos o 10 de novembro.  Aquí deixamos as instrucións para facelo.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut