CEIP DE VIÑAGRANDE-DEIRO

Novas

REUNIÓNS INICIAIS PARA AS FAMILIAS CURSO 22-23

Informamos dos horarios da reunión inicial

- EDUCACIÓN INFANTIL: mércores 7 ás 10:00h. 

- 1º, 2º e 3º de EDUCACIÓN PRIMARIA: mércores 7 ás 11:00h. 

- 4º, 5º e 6º de EDUCACIÓN PRIMARIA: mércores 7 ás 12:00h. 

 

 

Escola de Familias

Terceiro encontro da Escola de Familias: 

Escola de Familias

Segundo encontro da Escola de Familias:  

Agardámosvos!

IES A BASELLA: PROCESO DE ADMISIÓN 1º ESO DOCUMENTACIÓN REQUERIDA PARA PROCEDER Á BAREMACIÓN

PROCESO DE ADMISIÓN 1º ESO NO IES A BASELLA E DOCUMENTACIÓN REQUERIDA PARA PROCEDER Á BAREMACIÓN

As familias que presentastes a reserva de praza no IES A Basella, debido a que a demanda de prazas escolares para 1º de ESO é superior á oferta, é necesario presentedes a solicitude de Admisión, na forma e prazo establecido.

As persoas solicitantes de praza teñen que presentar, ademais da solicitude de admisión, a documentación xustificativa dos criterios xerais de admisión alegados pola persoa solicitante. Esta documentación entregarase de forma presencial, no Instituto, e en concreto débese presentar:

- Certificación do padrón municipal de habitantes, no que debe constar o domicilio familiar e os membros da familia que conviven nel e data de alta na vivenda.

- Facer constar no Anexo II presentado, a cantidade correspondente da declaración do IRPF.

Ademais, para proceder á valoración da renda per cápita da unidade familiar, as persoas interesadas deberán facer constar a cantidade correspondente á base impoñible no caso de declaración conxunta, ou á base impoñible de cada un dos declarantes da unidade familiar, no caso de declaración individual. A tal efecto constará a cantidade que resulte da suma das casiñas 435 e 460 da declaración do IRPF do ano 2020. Cando non presente a declaración do IRPF, constarán os ingresos segundo os datos tributarios que facilite a Axencia Estatal de Administración Tributaria. Esta cantidade dividirase polo número de membros da unidade familiar.

- Documentación xustificativa dos criterios do baremo a valorar, para establecer a puntuación correspondente (según establece o anexo II)

PRAZOS DE PRESENTACIÓN E PUBLICACIÓN

Solicitude de admisión (aplicación admisionalumnado): do 1 ata o 21 de marzo.

Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo: ata o 8 de abril de 2022.

Publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas: antes do 25 de abril de 2022.

Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas: antes do 15 de maio de 2022.

NORMATIVA APLICABLE E MANUAIS PARA AS FAMILIAS

Distribuir contido