Skip to Content

Outras características que nos definen

MÁIS COUSIÑAS INTERESANTES

  • A mestura de idades.
  • Aprendizaxe cooperativa e disposición do alumnado en grupos/equipos.
  • Programas de ciclo. Pensamos que a mellor maneira de organizar a planificación didáctica no relativo ao currículo é deseñando programas curriculares por ciclos de dous anos. Este feito ofrece a posibilidade a cada individuo de desenvolver o seu propio potencial e avanzar segundo o seu ritmo enivel.
  • A integración real e efectiva das TACs. A nosa aposta pola integración e o uso das tecnoloxías nas nosas aulas consiste básicamen en utilizalas para que o alumnado poida crear contido propio por si mesmo.

Dende a nosa perspectiva a tecnoloxía debe utilizarse con sentido común (e en igualdade de condicións que o resto de materiais didácticos). Ao igual que co aprendizaxe de calquera tipo de contido dunha determinada área, a entrada de información que se lle ofrece ao alumno debe ser de calidade e a saída que o alumno lle da a esa información a través dun produto final debe ser tamén de calidade. Para facelo así xoga unha importancia vital o uso das TAC dende unha perspectiva creadora e creativa.

Por outro lado o uso das TIC no noso centro ten unha dobre finalidade: gozar do seu uso e darlle saída ao exterior aos traballos que elabora o alumnado a través dos medios de comunicación que traballamos na escola.

A integración das TAC será progresiva atendendo á idade do alumnado de xeito que:

-   O alumnado de Educación Infantil iniciarase no uso da tecnoloxía dun xeito reducido e no que xoga un papel moi importante a planifacíón das tarefas “con tecnoloxía” que programe o profesorado desta etapa. Cremos que é o profesorado desta etapa o máximo responsable de que o uso da tecnoloxía se realice dende unha visión responsable e respetuosa coas necesidades deste alumnado.

-   O alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria continuará con evolución no referido ao traballo coas TAC iniciándose na creación de contido propio a través da iniciación en determinadas aplicacións e software de alto potencial educativo. Non se considera unha boa iniciación ás TAC permitir ao alumnado traballar con aplicacións que o único que promoven é o xogo pasivo. Dende a nosa perspectiva a integración das TAC nestas idades debe basearse no uso da tecnoloxía con finalidade creadora, de acceso á información ou para a práctica cos contidos curriculares.

-   Nos Contextos de Aprendizaxe a integración das TAC ten unha dobre finalidade para o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º: a creacion de contido propio para o alumnado (a través do uso e manexo de aplicacións e programas de alto potencial educativo e creativo) e a necesidade de darlle saída ao exterior dos traballos que realizan nas aulas.

  • Utilizamos plans de traballo: son listados de procedementos ordenados e sistemáticos para realizar as actividades presentes nos distintos contextos e minicontextos de aprendizaxe, que axudan ao alumno a planificar o traballo, a centrarse na actividade, a situarse no proceso de aprendizaxe e a desenvolver a súaautonomía.

Os plans de traballo serán remitidos á dirección do centro (semanal ou mensualmente) coa finalidade de facerse cun banco de recursos que configurará as programacións didácticas dos diferentes niveis, etapas e áreas.

En Educación Infantil, 1º e 2º de Educación Primaria e nos Contextos de Aprendizaxe o alumnado ten que ter acceso aos plans de traballo de forma física na aula.

Para facelo suxírese seguir as seguintes recomendacións:

  1. Os plans de traballo en Educación Infantil integrarán imaxe (na parte superior) e textos breves con letra en maiúsculas e minúsculas (na parte inferior).
  2. Os plans de traballo en 1º e 2º de Educación Primaria integrarán breves textos en letras minúsculas na parte superior do documento (con pasos ben pautados para realizar a actividade) cunha imaxe relacionada na parte inferior.
  3. Os plans de traballo nos Contextos de Aprendizaxe esixirán un maior grado de integración de texto (coas explicacións e pasos ben definidos e explicitados con claridade). A integración da imaxe será opcional.
  • Implicamos ao alumnado na avaliación. O alumnado, a través de rúbricas, debe coñecer de antemán o plantexamento das actividades, exercicios e tarefas a desenvolver e as competencias e coñecementos que se van avaliar. Isto axudará ao alumnado a tomar conciencia da súa propia evolución nos procesos de aprendizaxe que sedesenvolvan.

Cada proxecto se iniciará dándolle a coñecer ao alumnado a rúbrica que determinará a avaliación. Esa rúbrica integrará elementos propios de cada proxecto e items xerais que serán utilizados en todos os proxectos e indicadores máis específicos de cada unha das actividades que se desenvolverá en cada recanto da aula e do proxecto didáctico a traballar.

Ademais disto, será necesario que estas rúbricas sexan coñecidas tamén polas familias para garantir o acceso a información dos proxectos que se están desenvolvendo nas aulas.

Trimestralmente o profesorado lle pide ao alumnado unha avaliación do proceso educativo seguido nos diferentes contextos de aprendizaxe.

 

Ademais desta importante actuación, con respecto á avaliación tamén debemos considerar os seguintes aspectos:

  • Co obxectivo de ofrecer unha maior información ás familias do proceso educativo dos seus fillos e fillas, todo o profesorado do centro participa na elaboración cuatrimestral duns informes individualizados que se entregan en man nos meses de febreiro e xuño onde se lle ofrece unha información ás familias moito máis completa que o simple boletín de cualificacións: potencialidades, elementos a mellorar, desenvolvemento integral (emocional, social, cognitivo, persoal...), etc.
  • O profesorado do centro realiza, ao remate do curso, unha autoavaliación da súa función docente. Os datos desta autoavaliación docente e da avaliación que o alumando fixo do seu proceso educativo vivido son recollidos na memoria final do curso como propostas de mellora para o vindeiro curso.

 

  •  O traballo en equipo do profesorado é imprescindible para deseñar e xestionar os programas e proxectos didácticos, avaliar o proceso de aprendizaxe, cumplir co traballo diario e levar a cabo os proxectos docentro.

O profesorado ten a obriga de traballar en equipo cos demais mestres que conforman o claustro. Esta coordinación dase con maior cercanía entre os mestres da etapa de Educación Infantil, 1º ciclo e entre os responsables dos contextos de aprendizaxe.

De todas maneiras, o profesorado especialista debe preocuparse por coñecer os proxectos que están desenvolvendo nas diferentes aulas para que as propostas didácticas das especialidades poidan relacionarse cos proxectos didácticos das titorías. E viceversa tamén.

  • A formación do profesorado ten que ser permanente, continuada e sen fin. Todas as fontes de formación son enriquecedoras pero cremos que son esenciais as dinámicas formativas que se dan no interior das estruturas do centro. Pensamos que é moi importante que o centro dispoña de espacios, tempos e lugares nos que poder compartir experiencias formativas mutuamente: formación “in situ” no interior da aula, sesións formativas fóra do horario lectivo no que os relatores seremos nós mesmos, profesionais externos que nós solicitamos segundo as nosas necesidades, PFPP... Temos que ser consciente que con estratexias deste tipo a formación desenvólvese todos os días e dun xeito natural no contacto entre iguais(docentes).
  • Un novo concepto de titoría. En Educación Primaria, no momento colectivo, hai dúas sesións específicas dentro do horario que se distribuirán semanalmente: unha semana será a sesión de titoría e á semana seguinte a sesión que chamamos “comisións de mellora”O profesor/a, para dinamizar as sesións de titoría, utilizará toda a información que diariamente vai recollendo nas diferentes actividades. O noso sistema posibilita ao alumnado expresar os seus sentimentos, coñecerse mellor e canalizar as súas relacións; por tanto non é necesario inventar xogos, contamos  contínuamente con situacións reais. O obxectivo das sesións das “comisións de mellora” é fomentar unha actitude positiva para a convivencia e levar a cabo diferentes iniciativas que puideran producir melloras no noso centro e en distintos eidos: convivencia, medio ambiente, estética interna e externa do centro, biblioteca, recreos, actividades extraescolares... ou outras que se consideren necesarias. En cada grupo de alumnos/as elixiranse responsables para cada comisión, que, cada quince días, se reuninarán para analizar o que está sucedendo nesas realidades e propoñer melloras.

 

Outras propostas que se están inicianto este mesmo curso:

  • Visitas das familias para ver “in situ” o desenvolvemento do Proxecto Educativo.
  • Participación voluntaria de familias e veciños para favorecer a interacción do alumnado en actividades académicas e curriculares.
  • Organización de Faladoiros Literiarios, Científicos, Matemáticos e Artísticos coas familias como forma de acercamento cultural na contorma máis próxima. 
  • Sesións formativas á comunidade educativa sobre diferentes temáticas: usuarios de bibliotecas, tecnoloxías, pedagoxía, arte...etc.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut