CEIP DE VIÑAGRANDE-DEIRO

Actividades

III SESIÓN DA ESCOLA DE FAMILIAS DO CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

Dende o Equipo de Mellora da Participación da Comunidade Educativa temos o pracer de convidarvos á terceira sesión da Escola de Familias do CEIP de Viñagrande Deiro.

Neste ocasión contaremos con Patricia Gómez Salgado, psicóloga, docente e investigadora na Universidade de Santiago de Compostela. É mebro da Unidade de Psicoloxía do Consumidor e Usuario e nos últimos tempos traballa conxuntamente con Antonio Rial Boubeta nunha realidade de gran preocupación para familias e docentes: riscos e problemas no uso e consumo de productos tecnolóxicos nas diferentes idades do desenvolvemento infantil e xuvenil.

Será unha sesión de gran interese xa que nos ofrecerá (a familias e docentes) un conxunto de estratexias e consellos para que axudemos aos nosos fillos e alumnos nun uso máis axeitado de Internet e teñamos moito máis coidado co exceso de pantallas en idades temperás.

Será o vindeiro mércores 22 de maio ás 18:00 horas. A medida que se vaia acercando a data irémosvos facilitando información ao respecto.

Un saúdo e grazas á ANPA e ao Centro de Formación do Profesorado de Pontevedra por cooperar nesta fermosa iniciativa de poñer a andar a Escola de Familas.

Distribuir contido