Skip to Content

Novas

Novas de interese para a comunidade educativa

Información sobre o peche da escola polo coronavirus

Seguindo a Resolución do 12 de marzo do 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza pola que se lle da publicidade ao Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 12 de marzo de 2020, polo que se aproba o Protocolo de actuación para o persoal empregado público da Administración da Xunta de Galicia en relación co coronavirus COVID-19 os centros educativos suspenden todo tipo de actividades lectivas e complementarias reguladas en todos os centros de ensino non universitario dende o día 16 de marzo ata novo aviso

O profesorado do centro fará uso das diferentes canles de comunicación: AbalarMóbil,páxina web, enderezo electrónico ou calquera das ferramentas que se inclúen nas Directrices para o exercicio do teletraballo do profesorado galegogarantindo o acceso ás tarefas a todo o alumnado e procurando a igualdade de oportunidades, na medida do posible.

 

Viñananos (actividades para educación infantil)

Viñapeques (actividades para primeiro e/ou segundo)  Actividades ABP

Viñamedios (actividades para terceiro e/ou cuarto) Contextos: Lingüístico, Matemático, Humanístico, Científico

Viñagrandes (actividades para quinto e/ou sexto) Contextos: Lingüístico, Matemático, Humanístico, Científico

English: VIÑABIG, VIÑAMEDIUM, VIÑASMALL, VIÑANANOS

Expresión Musical

Educación Física

Orientación

Relixión

EDUCACIÓN RESPONSABLE

A Fundación Botín quere compartir unha selección de actividades enmarcadas dentro do programa de Educación Responsable para realizar ao longo deste tempo de “euquedomenacasa”.

O programa Educación Responsable é un programa educativo que levamos a cabo no centro e favorece o desenvolvemento emocional, social e creativo, promove a comunicación e mellora a convivencia nos centros escolares a partir do traballo con docentes, alumnado e familias.

Información sobre o proceso de admisión para o curso 2020/21

Solicitude de Admisión

 Aberto do 1 ao 20 de Marzo

 
 
Para presentar unha solicitude deberá seguir algunha das opción descritas a continuación:
  1. Cubrir a solicitude informáticamente e presentala asinada de xeito manual no centro:

    Para presentar a solicitude presencialmente no centro deberá entrara seleccionar a opción de menú “Solicitudes--> Admisión --> Crear”. Deseguido aparecerá unha pantalla con lapelas na que deberá cubrir os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e os criterios alegados e autorizacións. Despois de cubrir a información descrita, accederase á lapela “Confirmar solicitude”. Nesta lapela poderá confirmar os datos que indicou premendo no botón “Confirmar” e poderá descargala para asinar e presentar no centro.

     

  2. Cubrir a solicitude informáticamente e asinala en Sede Electrónica:
    Para presentar a solicitude a través da Sede Electrónica deberá acceder a admisionalumnado con usuario de Chave 365 ou con certificado dixital, para elo deberá premer na icona verde que se atopa arriba a dereita . Posteriormente deberá seleccionar a opción de menú “Solicitudes--> Admisión --> Crear”. Deseguido aparecerá unha pantalla con lapelas na que ten que indicar os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e os criterios alegados e autorizacións. Despois de cubrir a información descrita, accederase á lapela “Confirmar solicitude”. Nesta lapela poderá confirmar os datos que indicou premendo no botón “Confirmar” e posteriormente premendo no botón "Firmar e presentar en Sede Electrónica", poderá firmar a solicitude dixitalmente, quedando como presentada no centro, sempre que o proceso de firma remate correctamente.

    IMPORTANTEDebe achegar, na Sede Electrónica da Xunta de Galicia o anexo I bis dixitalizado (COMPROBACIÓN DE DATOS DOS MEMBROS COMPUTABLES DA UNIDADE FAMILIAR, ultima páxina da solicitude que pode visualiar e descargar nesta aplicación).

    Debe achegar escaneada toda a documentación pertinente á hora de presentar solicitude.
     

  3. Cubrir a solicitude manualmente e presentala asinada presencialmente no centro:

    Se non desexa cubrir a solicitude dixitalmente pode facelo de xeito manual descargando dende os seguintes enlaces os documentos, cubrilos e presentalos firmados no centro.

 

Ligazón á sede electrónica

RECOMENDACIÓNS DE LECTURAS PARA O NADAL

O BULLYING NA ESCOLA DE FAMILIAS DO CEIP DE VIÑAGRANDE DEIRO

Estimadas familias.
 
Dende o equipo de convivencia da escola informamos da primeira sesión da Escola de Familias do CEIP de Viñagrande Deiro.

Celebrarase o vindeiro xoves 5 de decembro de 17:30 a 19:30 horas na biblioteca do centro.

A temática a abordar decidiuse en base ás prioridades manifestadas polas familias nunha enquisa que se enviou a inicios de outubro. Desta abordaremos o BULLYING, analizando os fios que o tecen para mirar o acoso escolar dende outra perspectiva. Será impartida por Ana González Quinteiro, educadora social do Concello de Pontevedra.

Esperamos contar coa vosa participación!

 

BECAS NEAE

O prazo para solicitar beca para alumnado NEAE remata o vindeiro 26 de setembro.

As familias que o desexen poden recoller no centro un documento-guía elaborado pola Xefa do Departamento de Orientación,

coa fin de facilitar a realización da solicitude.

PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO 2019 - 2020

Amigos e amigas do CEIP de Viñagrande Deiro.

O que a continuación teredes a oportunidade de ver é un novo proceso de transformación do centro. 

Estamos preparando unha verdadeira revolución artística no centro. Para facelo o alumnado do CEIP de Viñagrande Deiro decidiu, no I Consello Escolar da Infancia, converter o cole nun museo. 

Aquí vos deixamos co cartel oficial do evento e con toda a información que precisades: díptico, planos, cuñas publicitarias, anuncios televisivos...etc.

Desexamos que, un ano máis, gocedes dos traballos dos vosos fillos e fillas e que xuntos sigamos abrindo o colexio á comunidade educativa.

MUSEO VIÑAGRANDE

Continuamos informando.
Amigos e amigas, o vindeiro 20 de xuño o CEIP de Viñagrande Deiro rematará o curso cunha nova transformación. As aulas serán as salas dun dos mellares museos da comarca.
No seguinte díptico, realizado no Informadeiro por tes nenas do centro, teredes unha pequena parte da información que os visitantes terán a oportunidade de presenciar.
 
Seguimos abrindo o colexio á comunidade educativa!

 

 

PLANOS DO MUSEO VIÑAGRANDE

Isto xa é unha locura!

O CEIP de Viñagrande Deiro está en fase de transformación unha vez máis!

Desta non son obras, nin alagamentos, nin patios novos...
Desta vez as nosas aulas vanse converter en salas dun museo multitemático.
Para que non vos perdades contamos coa axuda duns planos moi clariños que vos facilitarán os movementos polas distintas salas.
 
Queredes ver o que vos espera o día 20 de xuño? Pois analizade ben as seguintes imaxes!
 

FAREMOS DO COLE UN MUSEO. TEREMOS GUIAS.

Boas amigos e amigas do Facebook!

O vindeiro 20 de xuño imos facer algo grande no colexio. 
Para abrir boca igual este vídeo axuda a comprender o que ides ver. Ou non!

Contaremos con guías. Non sei si serán tan espabilados/as coma este pero de seguro que nos axudarán a comprender mellor as temáticas do MUSEO VIÑAGRANDE.

Distribuir contido


by Dr. Radut