Skip to Content

Ecoloxía

VIÑAHORTO: comezamos con bo pé

Este curso botamos a andar os labores dos hortos un chisco máis tarde do desexado, debido a que o atopamos en peores condicións que despois dun curso "normal", e tivemos que adaptar a organización ós actuais protocolos derivados da pandemia.
Tivemos que elaborar un horario de quendas, xa que, como ben sabedes, non podemos estar máis dun grupo ó mesmo tempo nos hortos, e ademáis as ferramentas non poden ser compartidas por diferentes grupos na mesma xornada.
Estos aspectos, que ó inicio pareceron un atranco, agora están a resultar positivos, xa que facilitan unha boa organización tanto para os docentes, como para o alumnado e os membros da Comisión de Ecoloxía.
Actualmente no Viñahorto, hai unha gran variedade de cultivos de inverno: repolo corazón, repolo rizado, colifror, Brocoli, Albahaca lima, Albahaca Roja, Albahaca genovesa, grelos, porros e leitugas.

Sandra Atanes
Coordinadora da Comisión de Ecoloxía