O 17 de maio é o Día das Letras Galegas.
Este ano o homenaxeado é Ricardo Carvalho Calero.
Se premedes nas seguintes imaxes podedes acceder a enlaces no que atoparedes diversos recursos relacionados con este persoeiro destacado da cultura galega.


Desde o Equipo de biblioteca queremos propoñervos que elixades a vosa poesía en galego favorita e elaboredes un PICTOPOEMA.
Como? Pois moi doado: substituíndo algunha palabra da poesía por un debuxo, como fixeron os vosos compañeiros e compañeiras do contexto lingüístico cun poema de Curros Enríquez titulado "O maio" e que podedes ver no seguinte vídeo.
Outra proposta máis sinxela (pensada para os nenos e nenas de educación infantil, pero que por suposto podedes facer todos e todas) é a de elaborar unha "PICTOPALABRA".
Elixides unha palabra en galego que comece pola mesma letra do voso nome e ilustrádela. Pode ser a vosa palabra favorita, unha que vos guste como soa, que vos recorde a alguén...




Animádevos a participar! Nenas e nenos, mestras e mestres, e por suposto tamén familias.
Enviade as vosas "pictopalabras" ou "pictopoemas" ao correo da biblioteca:
biblio.vinhagrande@gmail.com
Aquí tendes os vídeos coas vosas aportacións.
No primeiro recóllense as pictopalabras e pictopoemas que enviastes, e no segundo os carteis que elaboraron e describiron os nenos e nenas do Contexto Lingüístico.
Desde o equipo de Biblioteca queremos agradecer ás familias, docentes e alumnado a vosa colaboración.
Moitísimas grazas.