Vida Activa e Deportiva

O abecedario das vitaminas

Vitamina A.

Encárgase da visión e da protección da pel, uñas e dentes. Ademais, intervén na regulación génica de encimas do fígado e na produción de hormonas. Podémola atopar en alimentos de orixe animal e en froitas e hortalizas de cor verde.

 

Vitamina B1.

A súa función principal é converter os carbohidratos en enerxía, ademais xoga un papel importante na contracción muscular e condución de sinais nerviosos. Presente en cereais, arroz, pasta, pan fariña, ovos, legumes, leite e sementes.

 

Vitamina B2.

Participa no metabolismo de hidratos, graxas e proteínas e nas reaccións oxidación-redución. Ademais axuda á metabolización dos fármacos. A súa ausencia pode provocar úlceras, anemia e debilidade muscular. Atópase en leite, ovos, salmón e brócoli.

 

Vitamina B3.

Necesaria para a produción de ácidos graxos, colesterol e glicosa, ademais intervén nos procesos de reparación de ADN. A escaseza pode provocar dermatitis, diarrea e enfermidades neuronais. Áchase no fígado, os froitos secos, a carne de ave e os legumes.

 

Vitamina B5.

Intervén na obtención de enerxía a través de proteínas, graxas e hidratos de carbono. Ademais, sintetiza o colesterol e os glóbulos vermellos. Obtense de ovos, leite, vísceras, legumes e cereais integrais.

 

Vitamina B6.

Fundamental para a formación de neurotransmisores que levan a información dunha célula a outra, para a regulación da formación hormonal e o correcto funcionamento do sistema inmunitario. Importante na prevención da fatiga e a depresión. Atópase en carne, peixe, froitos secos e cereais.

 

Vitamina B7.

Intervén no metabolismo da glicosa, ácidos graxos e aminoácidos, e ademais no mantemento normal do cabelo, a pel e as mucosas. Podémola obter de fermento, fígado e riles.

 

Vitamina B9. Axuda no desenvolvemento normal do embarazo, na formación de células sanguíneas e na división celular. A súa ausencia pode provocar espiña bífida no bebé, deformacións cerebrais, insuficiencia cardíaca e esterilidad. Presente en fígado, verdura e legumes.

 

Vitamina B12. Produce os ácidos nucleicos e o material xenético do organismo, así como glóbulos vermellos. A súa deficiencia pode provocar anemia. Áchase principalmente nas vísceras (fígado e riles).

 

Vitamina C.

Trátase dun potente antioxidante que protexe ao organismo de radicais libres, ademais de combater a tensión emocional e ambiental. É unha vitamina vital durante todo o ano pola súa enorme incidencia no sistema inmunitario. Presente en froitas e verduras.

 

Vitamina D.

Mantén os niveis de calcio e fósforo do noso organismo, polo que é de suma importancia para a saúde dos ósos. Ademais, intervén en procesos de división celular e na secreción de insulina. A principal fonte é o sol, pero tamén se pode consumir en alimentos como as sardiñas ou a caballa.

 

Vitamina E.

Participa tamén en procesos antioxidantes que protexen ao organismo dos radicais libres. Presente en aceites de orixe vexetal, verduras de folla verde e cereais.

 

Vitamina K.

Intervén nos procesos de coagulación do sangue e no mantemento dos ósos. Áchase en lácteos, tomates, patacas, espárragos, brócoli, colifor e repolo, entre outros alimentos.

 

.... E seis minerais

Calcio.

É imprescindible para a formación e o desenvolvemento dos ósos e dentes, así como para o seu mantemento. Ademais, axuda á coagulación do sangue e na contracción muscular. Para a súa correcta asimilación é necesaria a presenza de vitamina D.

 

Cobre.

Ten unha gran importancia no sistema nervioso central e intervén na formación de hemoglobina e glóbulos vermellos. Ademais, é vital para que o noso organismo poida aproveitar a vitamina C.

 

Fósforo.

É o outro compoñente esencial, xunto co calcio dos ósos e os dentes. Axuda na obtención e transmisión de enerxía e material xenético a través do noso corpo, ademais de formar parte da materia cerebral. O fósforo, que é o segundo mineral máis presente no noso corpo, constitúe xunto á graxa as membranas das células dos tecidos nerviosos como a medula ou o cerebro.

 

Ferro.

Participa na formación de hemoglobina e intervén no transporte de osíxeno e dióxido de carbono a través do sangue. A pesar de que o déficit de ferro é unha das carencias máis comúns, este mineral é moi importante para reducir os riscos de padecer fatiga e debilidade.

 

Magnesio.

Participa na formación de hemoglobina e intervén no transporte de osíxeno e dióxido de carbono a través do sangue. A pesar de que o déficit de ferro habitual, este mineral é moi importante para reducir os riscos de padecer fatiga e debilidade.

 

Cinc.

É un mineral moi importante no sistema inmune grazas á súa participación na produción de linfocitos. Ademais, intervén na formación de insulina e proteínas.

Seguro que lavaches ben as mans?

Esta imaxe pertence a un cultivo biolóxico sacado da man dun neno de 8 anos que estivo a xogar no chan dun xardín. Tasha Sturm, profesora do departamento de micobiología do Cabrillo College (California/Estados Unidos), pediu ao seu fillo que puxese a súa man sucia nunha placa de petri -recipiente de forma redondeada utilizado en laboratorios para cultivar células- e a deixase durante un minuto.
Unha impresionante imaxe compartida no portal Yahoo e que deberiamos recordar cada vez que vaiamos sentarnos a comer.

 

Libros moi alimenticios

Pincha na imaxe.

 

Pincha na imaxe.

 

 Pincha na imaxe.

 

Pincha na imaxe.

 

Pincha na imaxe.

 

 

 

 

Pincha na imaxe.

 

Pincha na imaxe.

Distribuir contido