Vida Activa e Deportiva

A froita que sexa sempre de verdade

Queridas familias: Pregámosvos que non lles mandedes nin zumes, nin batidos, nin postres lácteos porque o seu contido de froita é mínimo, adoitan ter azucre engadido e contribúen ao aumento do risco de obesidade, caries e diabetes tipo 2. A nosa intención é contribuir a que adquiran o hábito de comer pezas de froita enteiras ou macedonias sen máis e que pouco a pouco se acostumen aos sabores auténticos dos alimentos ao reducir a presenza de azucre e edulcorantes na súa dieta. Moitísimas grazas pola vosa colaboración.

 

Pinchade na imaxe para máis información.

Hábitos de alimentación saudable

Queridas familias:

A partir deste curso imos comezar a desenvolver nas aulas o noso Proxecto Deportivo de Centro. Nel a parte de planificar actividades para loitar contra habitos de  sedentarismo imos desenvolver tamen outras relacionadas coa alimentación saudable.

O noso primeiro paso, co fin de disminuir ao máximo o consumo de azucre das crianzas, vai ser deixar de ofrecerlles bebidas azucradas nas festas organizadas no colexio. Para poder conseguilo precisamos da vosa colaboración á hora de escoller os alimentos que as crianzas traen ao colexio. Moitísimas grazas por adiantado.

 

Para máis informacion:

Os científicos advirten do perigo de bebidas azucradas e produtos procesados que reducen a esperanza de vida dos menores.

 

 

Porque os ollos tamén comen

Banderillas de froitas con iogur (Pinchade na imaxe)

 

 

Macedonia de froitas en vaso de xeado 

O azucre que agochan os alimentos infantís

Pinchade na imaxe.

 

O exceso de azucre na dieta infantil pode levar consigo problemas que afectan o metabolismo, o corazón, os dentes e mesmo no rendemento escolar da crianza. Aquí tedes só algúns dos problemas derivados do exceso de azucre na dieta infantil:

 1. Aumenta o colesterol e os  triglicéridos.

2. Provoca obesidade porque incrementa a achega  calórica. A obesidade infantil é o principal problema que afecta ás crianzas de países desenvolvidos. De feito, a OMS (Organización Mundial da Saúde)  declarouna hai tempo como epidemia entre a poboación mundial. A obesidade á súa vez conleva moitos outros trastornos, como os problemas de corazón.

3. Pode ocasionar diabetes, a segunda enfermidade crónica máis común na infancia.

4. Non ten ningún valor nutricional xa que carece de vitaminas e minerais o que favorece unha dieta pouco saudable quitando a fame e reducindo a inxesta doutros alimentos.

5. Sobe a presión arterial. Isto, indubidablemente, afecta directamente o corazón.

6. Pode provocar dano  pancreático.

7. Favorece a aparición de caries dentais. O consumo excesivo de azucre é unha das principais causas de caries en crianzas cada vez máis pequenas.

8. Hiperactividade, ansiedade e depresión.

9. Falta de concentración. Por tanto, causa tamén de baixo rendemento escolar. 

10. Enfermidades cardíacas.

Cristina González Hernando. Redactora de  Guiainfantil. com

 

Distribuir contido