Skip to Content

REBORRADIO 

 

Voz Natura

TALLER DE PREPARACIÓN DE XABÓN

 O alumnado de 5º e 6º de primaria, enmarcado no noso proxecto Tepomisión: protexamos os nosos montes, participou nun obradoiro de Ecoloxía na vida cotiá.

Coñeceron como realizar receitas ecolóxicas de limpeza e droguería: antical, abrillantadores de mobles, limpadores de chans e azulexos, limpafornos...

Tamén observaron o proceso de elaboración de xabón reutilizando aceite.

 
 
 
 
 
 
 

Naturizo, un bo amigo de Tepo e Tepa.

Tepo e Tepa convidaron a un amigo moi especial a pasar un tempiño nas aulas de infantil.

Trátase de Naturizo, un erizo cacho veciño da serra de San Mamede en Ourense.

Xuntos compartiron historias e aventuras, contos e manualidades!

Que ben o pasaron! Sen dúbida unha boa forma de continuar o noso proxecto de centro;

Tepomisión: protexamos os nosos montes.

 

 

 
 
 
 
 

POEMARIO DA NATUREZA

Tepo e Tepa teñen o pracer de presentarvos... o voso Poemario da Natureza.

Parabéns, familias, polo fantástico traballo!

 
 
 
 
 
 
 
 

Día Internacional da Muller

Como cada ano, conmemoramos o día 8 de marzo o Día Internacional da Muller, neses días realizamos distintas actividades co noso alumnado: 

- Os/as máis pequenos/as elaboraron unhas fantásticas coroas co número 8 relacionado co día no que se festexa.

- A través do conto Daniela Pirata traballouse ao longo da semana a importancia da igualdade e levaron un recordo unha pulseira.

- O alumnado poido participar nun Obradoiro de igualdade sobre mulleres artistas coñecendo a escultora Soledad Penalta e a pintora Maruxa Mallo. A rapazada poido deixar solta a súa creatividade facendo a súa propia escultura con arxila branca e o seu debuxo libremente. Dito obradoiro foi impartido por "Donde Viven los Cuentos".

- Os máis maiores, xogaron ao xogo de cartas "We Can Play" de Julivert.

- Tamén tivemos tempo de facer algunha manualidade relacionada con este día.

Para traballar sobre este tema e reflexionar sobre a situación de moitas mulleres no mundo, traballouse a figura dunha muller Wangari Maathai que foi moi importante para o seu pobo natal, en Kenia pero tamén unha referente para o mundo. A continuación, poderedes desfrutar da actuación e de todo o traballo realizado por 3º e 4º de Primaria.

 

 

 
 

COÑECEMOS O BOSQUE ATLÁNTICO

Tepo e Tepa sorprendéronnos unha vez máis cunha interesantísima visita. 

O educador ambiental, Marcos Guiadanes, enriquecía o noso proxecto de centro cunha charla sobre o Bosque Atlántico.

Explicounos a importancia que teñen as árbores autóctonas no equilibrio ecolóxico, para a fauna e especialmente para as aves; coñecemos as especies forestais foráneas máis daniñas para o equilibrio ecolóxico e recoñecemos as vinte e cinco especies arbóreas autóctonas da nosa contorna.

Nós estivemos encantados e encantadas!

Por un bosque de coñecemento!

 

 
 
 
Distribuir contido


by Dr. Radut