Skip to Content

REBORRADIO 

 

biblioteca marcapáxinas

CELEBRAMOS O DÍA DAS BIBLIOTECAS

 

O mércores 24 celebramos no colexio o Día das Bibliotecas.

O  mensaxeiro de Tepo distribuíu polas clases as revistas ás que estamos suscritos.

O alumnado de Infantil e 1ºciclo aprendeu xogando cómo se clasifican os libros na nosa biblioteca: segundo as cores da pegatina do lombo corresponde unha idade e un andel determinados.

Tamén fixeron un marcapáxinas con forma de muíño, pois este curso o proxecto que traballamos é as enerxías alternativas.


 

 

 

Os compañeiros e compañeiras do 2º e 3º ciclos xogaron a un bingo moi especial: as casiñas dos cartóns eran telluelos dos distintos libros dos nosos fondos. Tiveron que estar moi atentos ao nome do autor  e ao título do libro que o mestre ía dicindo.


  

 

Na biblioteca asistimos á representación do conto “A ratiña presumida” co que os nenos e nenas de 6º nos fixeron pasar un rato estupendo.

Por último, fíxose entrega ás famílias dun boletín informativo coas novidades da sección de adultos que se pode consultar neste blog.

Distribuir contido


by Dr. Radut