REBORRADIO
|
|
|
plástica
Este ano dentro da actividade CompARTE a paz, estamos a traballar a figura do polifacético artista galego Isaac Díaz Pardo.Atopamos moi interesante a súa labor na cerámica de Sargadelos por iso estrenamos este blogue coas recreacións que fixemos desta cerámica.
Partimos dunha taza branca. Calcamos motivos de Sargadelos e pintámolos con esmalte azul.
Logo cocemos as tazas no forno a 150 graos durante 30 minutos e deixamolo enfriar antes de retiralas.
Disfrutamos moito desenvolvendo esta actividade.Nós seguiremos investigando sobre a figura de Isaac Díaz Pardo.