24 de outubro. DÍA DA BIBLIOTECA ESCOLAR
O pasado 24 de outubro celebramos o Día da Biblioteca Escolar. Foi un día moi especial xa que o noso querido Tepo, a mascota da biblioteca, volveu da marabillosa viaxe que comezou en xuño. En setembro diferentes personaxes de conto contábannos polos corredores do colexio que Tepo andaba xa agochado e que o día 24 nos agardaba unha sorpresa. O día chegou e... por quendas buscamos a Tepo, xa que deixou pistas e instruccións agochadas por todo o colexio. Tepo xa está de novo na biblioteca coidando dos libros e desexando que o visitedes.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
01.- día bibliotecas 2019.mp4 | 10.43 MB |
- %count lecturas