Skip to Content

REBORRADIO 

 

historico biblioteca

CELEBRAMOS O DÍA DAS BIBLIOTECAS

 

O mércores 24 celebramos no colexio o Día das Bibliotecas.

O  mensaxeiro de Tepo distribuíu polas clases as revistas ás que estamos suscritos.

O alumnado de Infantil e 1ºciclo aprendeu xogando cómo se clasifican os libros na nosa biblioteca: segundo as cores da pegatina do lombo corresponde unha idade e un andel determinados.

Tamén fixeron un marcapáxinas con forma de muíño, pois este curso o proxecto que traballamos é as enerxías alternativas.


 

 

 

Os compañeiros e compañeiras do 2º e 3º ciclos xogaron a un bingo moi especial: as casiñas dos cartóns eran telluelos dos distintos libros dos nosos fondos. Tiveron que estar moi atentos ao nome do autor  e ao título do libro que o mestre ía dicindo.


  

 

Na biblioteca asistimos á representación do conto “A ratiña presumida” co que os nenos e nenas de 6º nos fixeron pasar un rato estupendo.

Por último, fíxose entrega ás famílias dun boletín informativo coas novidades da sección de adultos que se pode consultar neste blog.

O Consello de Europa insta a devolver ao galego a prioridade nas aulas. El País

El Consejo de Europa insta a devolver al gallego la prioridad en las aulas.

Los cambios normativos realizados por Alberto Núñez Feijóo en 2010 para eliminar la prioridad que el bipartito le dio al gallego en la educación con el fin de frenar la pérdida de hablantes han llevado a España a incumplir los compromisos suscritos dentro del Consejo de Europa. Un informe elaborado por expertos lingüísticos que visitaron la comunidad y se entrevistaron con autoridades de la Xunta concluye que las medidas adoptadas por el Partido Popular desde que en 2009 llegó al poder van en contra de lo acordado por los Estados firmantes de la Carta Europea de las Lenguas Minoritarias, un documento suscrito en 1992 en la ciudad francesa de Estrasburgo y que recoge las medidas que deben tomar los gobiernos estatales o autónomos para preservar la biodiversidad lingüística del continente.

Fonte: El País (26 outubro 21012)

Roberto Vidal Bolaño, autor homenaxeado nas Letras Galegas 2013

     A Real Academia Galega decidiu, no plenario celebrado o 22 de xuño, dedicarlle as Letras Galegas no ano 2013 ao autor, director e actor teatral Roberto Vidal Bolaño (Santiago de Compostela, 1950-2002).

O dramaturgo compostelán Roberto Vidal Bolaño foi un dos artífices da profesionalización do teatro galego, coa creación da primeira compañía, o Grupo Antroido. Ademais de con Antroido, tamén traballou co Centro Dramático Galego (CDG) e coa súa compañía propia, Teatro do aquí.

Vidal Bolaño foi actor, director e escritor de teatro, mais, en xeral, tamén un axitador cultural.

Entre as súas obras teatrais escritas pódense sinalar, entre outras, Laudamuco, señor de Ningures (1976), Bailadela da morte ditosa (1980), Agasallo de sombras (1992), As actas escuras (1994), Doentes (1998), A ópera de a patacón (1998) ou Animaliños (2003), moitas delas, ademais de escritas, tamén dirixidas por el mesmo ou levadas aos escenarios por diversas compañías.

Fonte: Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua

HALLOWEEN MONSTERS EXHIBITION

HALLOWEEN MONSTERS EXHIBITION

 

The English class will prepare a Halloween Monsters Exhibition.

 

All the students of the 6th year of primary can participate and use any

 

technique or material to create their monsters.

 

There will be a Halloween prize for the most original or the most elaborate

 

costume.

 

There will be an exhibition of monsters from the 24th of October on the

 

second floor, next to the English class.

 

If you are in the 6th year, participate and maybe you win a scary present!

 

 

                                                                                            

 

EXPOSICIÓN DE MONSTROS DE HALLOWEEN

 

A aula de inglés vai preparar unha exposición de monstros de Halloween

 

usando calquera técnica ou material.

 

Poden participar os alumnos e alumnas de 6º de primaria.

 

Haberá un premio relativo a Halloween para o monstro máis orixinal ou máis

 

elaborado.

 

Os traballos van estar expostos dende o 24 de outubro, no segundo piso,

 

ao lado da clase de inglés.

 

Se estás en 6º curso, participa e quizá gañes un regalo “de medo”.

Xogos Olímpicos. Londres 2012

.

.

OS MAIOS NO NOSO COLE.

Sorry, flash is not available.

Concerto en Vigo de DANI GRIFFIN.

Sorry, flash is not available.



by Dr. Radut