Proxecto Lector

Proxecto Lector

     O proxecto lector de centro, a partir da análise do contexto en materia de lectura, articula todas as intervencións que se van realizar no centro en relación coa lectura, a escritura e as habilidades informativas, coa participación do profesorado das distintas áreas, materias e ciclos, incorporando a biblioteca escolar e as bibliotecas de aula como recursos fundamentais para a súa posta en marcha.

     O proxecto lector de centro é a referencia para a elaboración de programas ou plans anuais de lectura, que se inclúen na programación xeral anual. O seu deseño e posta en marcha é competencia de todo o equipo docente e está coordinado preferentemente pola persoa responsable da biblioteca escolar.

     Para a consecución dos devanditos obxectivos, os centros educativos deberán tomar decisións consensuadas que permitan:

     - A existencia dunha biblioteca escolar como centro de recursos da información, da lectura e da aprendizaxe, dinamizadora da actividade educativa e da vida cultural do centro.

     - A integración das fontes informativas, en calquera soporte (impreso ou electrónico) no tratamento dos contidos curriculares.

     - A formación de lectores e de lectoras competentes e a creación e consolidación do hábito de lectura.

     - O desenvolvemento de actitudes favorables á lectura mediante a creación de ambientes lectores, entre outras estratexias.

     - O funcionamento da biblioteca escolar como factor de compensación social.

 

Se queres botarlle unha ollada ao noso Proxecto Lector,

descárgate o arquivo adxunto

Distribuir contido