AVISOS E NOVIDADES

ADMISIÓN E MATRÍCULA CURSO 2024 - 2025

Queres coñecernos?

Se queres coñecernos, chama por teléfono e concerta unha cita.

881 930 322

FEDERACIÓN GALEGA DE TENIS

En colaboración coa Federación Galega de Tenis e a Xunta de Galicia, a nosa escola acometeu un programa de fomento do deporte e da conciliación familiar. Por este motivo, nos meses de xullo e agosto ofrécese ao alumnado de Pazos prazas totalmente gratuítas en actividades deportivas nas seguintes instalacións:
- Club de Campo
- Escola de tenis Justo al Revés
- CT Redes
A cada instalación asociouse un formulario de rexistro, no que especifícase a oferta de actividades dispoñible. As familias poden inscribirs os nenos nos días e horarios que máis lle interesen (sen límite máximo de horas). Unha vez inscritos, crearanse os grupos e o adestrador poñerase en contacto coas familias para confirmar se teñen praza nos horarios solicitados. Cada mes haberá un prazo de inscrición para as actividades do mes seguinte (para novas incorporacións), pero quen xa estea inscrito conservará a súa praza preferentemente. Crearanse grupos reducidos, de entre 4 e 8 nenos, e a partir de 5 anos, aínda que se nos confirma que se hai suficientes nenos de 4 anos para crear un grupo non habería impedimento para formalo. No seguinte enlace podese acceder aos diferentes formularios de matrícula de estudantes. Agardamos que os nenos poidan gozar destas actividades e que as familias lles resulte un pouco máis fácil a conciliación durante o verán.

Distribuir contido