Terracycle: Programa de recollida de útis de escritura

 

Grazas a Terracycle e a Fundación BIC, por cada útil de escritura recollido doarase un céntimo de euro á organización sen ánimo de lucro que escollamos, no noso caso ASPANEMI (Asociación de Pais de Nenos Minusválidos).

 

O horario para a recollida dos útis de escritura é o normal de apertura do Centro escolar en período lectivo.

De luns a venres, de 9 a 14h

E ademáis, os martes de 16 a 19h e os mércores e xoves de 16 a 17,15h.

 

Colabora con nós!

Artigos aceptados: bolígrafos, rotuladores, fluorescentes, marcadores, portaminas, correctores (de cinta, liquidos ou tipo boli), plumas estilográficas e cartuchos.

 

ATENCIÓN! NON SON ACEPTADOS: Pegamentos, gomas, regras, lápis ou utensilios de corte.