Servizos complementarios

Servizo de Comedor escolar

A partir do curso 2021/22 a xestión do Comedor Escolar estará centralizada a través do aplicativo ColeChef, no que poderedes xestionar a asistencia dos vosos fillos e fillas, ter información detallada dos menús e notificar calquera incidencia ou uso esporádico.

  

Comedor escolar curso 2020 / 2021

Pregamos que os usuarios do comedor escolar que, excepcionalmente durante esta situación, non poderán ser eventuais, envíen a ficha que se adxunta cuberta cunha antelación como mínimo de 72 horas ao inicio de utilización do servizo.

galicia@serunion.elior.com

Rexirase polas normas recollidas no protocolo elaborado polo Concello de Ferrol e que pode consultarse nos arquivos adxuntos. LER CON ATENCIÓN.

Xadrez na escola - Programas Educativos Municipais

O alumnado de 6º de Educación Infantil, e de 1º a 4º de Ed.Primaria ten unha sesión semanal de Xadrez dentro do horario lectivo.

Actividades extraescolares

Estanse a desenvolver GRATUITAMENTE as seguintes actividades extraescolares:

MÉRCORES, de 16.00 a 17.30 horas

PATINAXE: ED. INFANTIL e 1º ED. PRIMARIA

XOGANDO COA CIENCIA: De 2º e 6º ED. PRIMARIA

           

XOVES, de 16.00 a 17.30 horas

XOGANDO COA CIENCIA: ED. INFANTIL e 1º ED. PRIMARIA

PATINAXE: De 2º e 6º ED. PRIMARIA

 

Distribuir contido