Departamento de Orientación

Que é o Departamento de Orientación?

O  Departamento de Orientación no CEIP de PAZOS, creóuse o curso 2008- 2009, para atender a diversidade. Entre os seus obxectivos citamos:

1. Identificación temperá de necesidades educativas

2. Intervención de apoio ou reforzo ao alumnado para avanzar na prevención dos problemas de aprendizaxe

3. Revisión e/ou modificación de medidas de apoio e reforzo

4. Asesoramento ao profesorado e ás familias

Para a consecución destes obxectivos, o Departamento conta cun Plan Anual de Orientación, no que se planifican as actuacións para cada curso educativo. Conta asimesmo con recursos específicos para a observación, avaliación e apoio a aqueles alumnos e alumnas que presenten algunha dificultade educativa.

O departamento de Orientación está constituido polo conxunto de profesores e profesoras que interveñen na atención á diversidade:

1.ORIENTADORA: a súa tarefa principal en relación cos alumnos e alumnas  é axudar na avaliación das necesidades educativas, e na concreción das medidas de apoio ou reforzo, así como asesorar ás familias e ao profesorado.

2. PROFESORA  DE PEDAGOXÍA TERAPÉUTICA: a súa tarefa céntrase en colaborar na avaliación e intervir nas dificultades xenéricas de aprendizaxe .

3.PROFESORA DE AUDICIÓN E LINGUAXE: a súa tarefa céntrase na intervención, avaliación e seguemento das dificultades de aprendizaxe relacionadas coa linguaxe.

4.PROFESORA DE APOIO: a súa tarefa é a de colaborar cos profesores titores naquelas aulas con máis dificultades derivadas da súa composición, ou da escolarización nesas aulas de alumnos ou alumnas que presenten algunha necesidade educativa.

Na prevención e intervención das  dificultades de aprendizaxe está implicado todo o Colexio, titores, profesores especialistas e profesores de apoio, e tamén as familias para acadar o obxectivo básico e fundamental de que todo o alumnado acade o máximo desenrolo persoal, intelectual, social e emocional.

Naqueles casos ou situación nas que as familias observen ou estean preocupadas por algún aspecto da escolarización dos seus fillos, pódense poñer en contacto coa orientadora do centro.

Os profesores e profesoras do Departamento de Orientación queren tamén poñerse á disposición das familias para atender calquera dúbida ou preocupación sobre a educación dos alumnos e alumnas, especialmente daqueles alumnos e alumnas que na actualidade teñen algunha intervención de reforzo ou apoio.

A orientadora do CEIP de PAZOS desenvolve o seu traballo no centro os martes e xoves.

No arquivo adxunto poderedes ler o Plan de Orientación para o curso 2009-2010.

Distribuir contido