AVISOS E NOVIDADES

Publicación das calificacións - 1º trimestre, curso 2020 / 2021

O día 22 de decembro de 2020 publicaranse as cualificacións do primeiro trimestre

a través da aplicación Abalar, ás 14,00h.

Non haberá entrega en papel dos boletíns informativos ás familias polo protocolo de protección que se está a seguir no Centro, polo que se suprimiron todas as comunicacións impresas.

Rogamos comprensión porque en ocasións o sistema colápsase, pero superados os momentos iniciais que pode haber máis demanda nas consultas, o sistema normalízase.

Desexámosvos unhas FELICES FESTAS e UN PRÓSPERO ANINOVO!

  

Horarios curso 2020/2021

Premendo nas imaxes a continuación poderás consultar os horarios de cada grupo.

      EDUCACIÓN INFANTIL

 

 

 1º e 2º EDUCACIÓN PRIMARIA

 

 

 3º e 4º EDUCACIÓN PRIMARIA

 

 5º e 6º EDUCACIÓN PRIMARIA

 

 

Reunións de inicio de curso

As reunións de inicio de curso para as familias nas que se explicará o protocolo COVID-19 do centro, especialmente as medidas a adoptar en canto as entradas e saídas, terán lugar nos seguintes horarios e datas:

 

  • LUNS 07, 17,00h: 5º e 6º de Educación Primaria

 

  • LUNS 07, 18,00h: Educación Infantil

 

  • MARTES 08, 17,00h: 1º e 2º de Educación Primaria

 

  • MARTES 08, 18,00h: 3º e 4º de Educación Primaria

 

Datas as excepcionais circusntancias que estamos a vivir, só poderá acudir un adulto por familia. 

Tentaremos minimizar os riscos, facendo unha reunión curta e gardando as medidas de seguridade: Uso obrigatorio de máscara, distanciamento e medidas hixiénicas correspondentes (hidroxel, ventilación)

Pregámosvos que acudades puntuais e subades directamente á aula de Audiovisuais, onde estarán colacadas as cadeiras coa separación aconsellada. Á saída tamén debemos evitar a xuntanza. 

 

Sabemos que os horarios non sempre se adaptan ás circunstncias de todos. Se alguén non poidese acudir, pregamos que se poña en contacto coa titora ou dirección do Centro ao día seguinte. Grazas.

Libros de texto para o curso 2020/2021

No arquivo adxunto podes consultar os libros de texto e material para cada un dos cursos de Educación Primaria para o curso 2020/2021.

Distribuir contido