PEC

Proxecto Educativo de Centro

O Proxecto Educativo de Centro é un documento no que se fixan os obxectivos, prioridades e procedementos de actuación, partindo das necesidades educativas específicas dos alumnos, das características do contorno escolar e das do propio Centro, e que incluirá:

  • A organización xeral do centro, orientada á consecución dos fins e principios da educación.
  • Os fins e as intencións educativas do centro de acordo coa identidade propia de el.
  • Os obxectivos do centro tendentes a lograr a normalización lingüística.
  • A adecuación ao contexto do centro dos obxectivos xerais das etapas que se imparten.
  • O Regulamento de Réxime Interior do centro.
  • A oferta do centro en canto a actividades e servizos.
  • As formas de colaboración e participación entre os distintos sectores da comunidade educativa.
  • As formas de colaboración cos serviczos sociais e educativos do Concello e outras institucións.

O noso Centro ten como señas de identidade propias:

  • A aconfesionalidade, aínda que imparte ensinanzas relixiosas, renúnciase a toda manifestación de adoctrinamento e sectarismo.
  • O pluralismo e os valores democráticos, nun marco de tolerancia e respecto á liberdade dos demais, potenciaranse os valores de solidariedade, respecto aos demais, actitude de diálogo, educación para a paz e o medio ambiente, o respecto aos dereitos humanos, a participación, a tolerancia e o respecto ás liberdades individuais e a capacidade crítica.
  • A coeducación, potenciarase a igualdade de oportunidades entre ambos sexos, sen deixar de apreciar as diferenzas individuais e as identidades de cada nena e de cada neno.
  • A integración e a individualización, tendo como referente a nosa diversidade cultural e étnica, coidando de xeito especial as relacións interpersoais e de comunicación, cunha vontade compensatoria, solidaria e tolerante coas desigualdades.
  • Unha escola aberta, xa que unha escola ao servizo da comunidade que a acolle, é quen de construír un espazo de colaboración co contexto no que desenvolve o seu labor educativo.
  • E o respecto ao patrimonio cultural e natural, contribuíndo activamente na mellora e conservación do entorno natural e fomentando o respecto e a difusión do patrimonio cultural propio da nosa comunidade.

 

 

Se queres botarlle unha ollada ao noso Proxecto Educativo,

descárgate o arquivo adxunto.

Distribuir contido