RRI

Regulamento de Réxime Interior

     O traballo coordinado e compartido, a convivencia entre os membros do equipo docente, a asunción de responsabilidades dentro da institución educativa son factores decisivos e determinantes da calidade que ofrecen os centros educativos. Neste senso, e tendo en conta os recursos e características propias do centro, o Regulamento de Réxime Interno concreta, entre outros, os seguintes aspectos:

     - A organización práctica da participación de todos os membros da comunidade educativa.

     - As normas de convicencia que favorezan as relacións entre os distintos membros da comunidade educativa.

     - As canles de coordinación entre os órganos de goberno e coordinadores de ciclo, titores, equipo de normalización lingüística e xefe de equipo de actividades complementarias e extraescolares.

     - A organización e reparto de responsabilidades non definidas na normativa vixente.

     - A organización dos espazos e instalacións do centro. Normas para o correcto uso.

     - E o funcionamento dos servizos educativos do centro, entre outros.

Se queres botarlle unha ollada ao noso Regulamento de Réxime Interior

e ás normas de funcionamento

descárgate os arquivos adxuntos

 

Distribuir contido