Actividades complementarias

EXCURSIÓN Fin de Curso, 3º ciclo.

30/05/2012 00:00
01/06/2012 00:00
Etc/GMT

Os días 30 e 31 de maio; e o 1 de xuño, excursión a Cabeza de Manzaneda para o 3º ciclo.

 

 

O día 30, 31 de maio e 1 de xuño, fomos de excursión os cursos de 5º e 6º de Primaria coas profes Rosana e Feli, a Cabeza de Manzaneda. Saímos ás 9 da mañá, fixemos unha paradiña para tomar un bocadillo nunha área recreativa de Quiroga.

Chegamos ao noso destino á unha da tarde. Acomodámonos nos apartamentos e a continuación comemos no autoservizo.

Pola tarde tivemos tiro con  arco con Julia, a nosa primeira monitora; e piscina, vixiados polos atentos ollos de Iran. A continuación ceamos e ás 10 da noite, velada con Asur e outros monitores, o xogo  osos e tolos.
Despois houbo unha pequena marcha nocturna para escoitar os lobos, ver as estrelas… Tamén vimos no silencio da noite os brillantes ollos dunha xabarina e as súas crías.
Alejandro ouveou... e os lobos CONTESTARON!!!

O día 31 fomos ao bosque e fixemos o xogo de supervivencia, con Álex,que consistía en facer unha cabana de paos e ramas para sobrevivir no caso de perdérmonos. A foto que vedes é o resultado do que fomos quen de facer en moi pouco tempo, aínda que non o creades!

Despois, karts.

Xa pola tarde piscina, e cabalos con Abel. Ás 10 da noite discoteca.

O último día fixemos sendeirismo percorrendo varios quilómetros pola montaña de Manzaneda.

Álex, o monitor, foinos ensinando o nome dalgunhas plantas e animais, e o coidado que debemos ter cando saímos ao bosque: protexernos a pel, levar auga, non facer lume, non maltratar os animais, etc. Pola tarde, escalada, con Asur e Alejandra.

E por fin, de volta para a casa.

O que máis lle gustou a 5º foi:
  • Karts
  • Piscina
  • Discoteca

Teremos que esperar a mañá para saber cales foron as actividades que máis lle gustou á clase de 6º... Aínda que de algúns podemos adiviñar as preferencias
Por certo..., non vos ensinamos como cargabamos pilas entre actividade e actividade...

NUTRICIÓN E INFANCIA

22/05/2012 09:00
05/06/2012 14:00
Etc/GMT

Exposición itinerante sobre a NUTRICIÓN e INFANCIA organizada por UNICEF e o Concello de Ferrol



Desde o pasado 22 de maio e ata este martes, tivemos unha exposición na sala de Audiovisuais sobre Nutrición e Infancia, organizada por Unicef e o Concello de Ferrol. Consta de 17 paneis nos que poidemos ver fotografías e ler sobre a desnutrición de nenos e nenas en países pobres de África, Asia e América.
Falamos coa profesora de temas como a solidariedade, desenvolvemento, dereitos da infancia, medio ambiente, etc. Traballamos en mapas mudos localizando os países afectados. A exposición estivo moi interesante.
A partir de agora xa formamos parte da Rede de Centros "Enredados con Unicef", que nos permite recibir anualmente, e de forma gratuíta materiais relacionados cos dereitos de infancia, grazas a Marta Andrade, responsable de Sensibilización de Unicef-Galicia.
Se estades interesados/as en encontrar máis información podedes entrar na páxina www.enredate.org">www.enredate.org

PROTAGONISTA: A BICICLETA

02/05/2012 09:00
02/05/2012 14:00
Etc/GMT

A través da Asociación de Ciclistas Profesionais contaremos cunha actividade de aproximación á bicicleta.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Hoxe os de segundo e terceiro ciclos aprendemos a coñecer mellor a bicicleta e a conducila con responsabilidade, grazas a Juan, que está na Asociación de Ciclistas Profesionais e sabe moito deste vehículo.
Primeiro estivemos na sala de audiovisuais. Alí explicounos as normas básicas que debemos ter en conta cando usamos a bicicleta: uso do casco, circular polo carril axeitado ou cara á dereita, repectar os sinais de tráfico, sinalizar as manobras co brazo esquerdo, etc.
Pero o que máis nos gustou foi facer a práctica no patio. Cada un, coa súa bicicleta e casco, fixemos diferentes percorridos con obstáculos... Tamén competimos cunha carreira moi especial, gaña o que menos avance.
Díxonos que no mes de Agosto vai pasar a volta ciclista a España por Ferrol e que, por este motivo, vaise organizar unha volta para nenos e nenas, na que podemos participar. Se queres máis información entra en www.lavueltajuniorcofidis.com

Pasámolo xenial.
¡ Juan, grazas e cando queiras volve!

VISITA a A CAPELA

25/01/2012 09:30
25/01/2012 13:50
Etc/GMT

Visita a A Capela o vindeiro 25 de xaneiro. Esta saída é para todos os cursos de Primaria.

1º, 2º e 3º: Xogos populares e visita ao Museo do xoguete.

4º, 5º e 6º: Visita guiada por Secundino García ao Museo etnográfico de A Capela.



Onte salimos ás dez e cuarto rumbo á Capela. Os de 1º,2º e 3º quedaron no colexio de alí participando co alumnado de 3º ( que facían de monitores ) en varios xogos populares. Teñen un museo de xoguete moi interesante e saben moitos xogos.

Os de 4º, 5º e 6º fomos visitar o Museo Etnográfico. Está ubicado no lugar de Pazo, nunha casa de pedra restaurada, que na antigüidade foi a reitoral. Alí esperábannos Secundino e María, que foron os nosos guías. Divididos en dous grupos fomos facendo un percorrido polas dependencias da casa: a cociña, o cuarto e as salas de oficios ( tecelá, costureira, carpinteiro, zoqueiro, afiador, zapateiro, cesteiro, serranchín...) explicándonos a utilidade e nomes de moitos obxectos que iamos vendo e que se utilizaban hai moitísimos anos e pouco a pouco foron desaparecendo pola chegada das máquinas, e en consecuencia tamén foron desaparecendo moitos oficios e actividades.
Por fóra tamén había máquinas grandes antigas, como unha de mallar que foi doada polos pais de Manuela, unha profe do noso colexio.
Este museo é moi interesante. Recomendámovolo. Podedes ir coa vosa familia e amizades.

COÑECENDO O UNIVERSO

17/01/2012 18:30
17/01/2012 20:30
Etc/GMT

Hoxe, pola tarde, 5º e 6º farán unha saída a Mougá, invitados pola Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN). Espéranos unha sesión de astronomía para achegarnos un pouquiño máis ao noso UNIVERSO!

O pasado martes día 17 de Xaneiro e de 7 a 8 da tarde, tivemos unha sesión de Astronomía en Mougá-Ferrol "COÑECENDO O UNIVERSO". Que ilusión, ver o ceo cun Telescopio! Non foi posible porque estaba nubrado; pero Paulino e Xose están preparados e proxectáronnos a través do programa "Stellarium" o ceo real tal e como se apreciaría co telescopio. Explicáronnos moi ben a Vía Láctea, as estrelas máis importantes e a súa cor, o planeta Xúpiter, a Lúa e sobre todo as Constelacións. Agora xa sabemos o por que dos signos do Zodíaco ( porque cando nacemos o Sol estaba na constelación Leo, Cáncer, Tauro...
Cando rematou a sesión poidemos observar fóra a Contaminación Lumínica das cidades de Ferrol e A Coruña.
Estivo todo moi interesante, pero quedounos o desexo de volver para mirar polo Telescopio. Outra vez será!

Grazas Paulino e Xose por ensinarnos tantas cousas.

Para máis información podedes mirar este enlace:

Aquí tedes máis fotos:

Distribuir contido