Actividades complementarias

CINENSINO: "Enredados"

23/11/2011 00:30
23/11/2011 12:15
Etc/GMT

Próxima actividade de CINENSINO. "Enredados", para 2º e 3º ciclos.

Hoxe pola mañá fomos a ver a película "Enredados", dentro do programa CINENSINO. Esta película está basada no conto clásico de Rapunzel, dos Irmáns Grimm. Tedes máis información no blog da Biblio.
Ficha técnica:
Título: Enredados (Rapunzel)
Dirección: Nathan Greno, Byron Howard.
País: Estados Unidos
Ano: 2010
Duración: 92 minutos
Xénero: Comedia musical. Animación.
Elenco: Mandy Moore, Zachary Levi, Donna Murphy, Ewan McGregor, Ron Perlman, Steve Martin.
Distribuidora: Walt Disney Pictures
Produtora: Walt Disney Pictures, Walt Disney Animation Studios.
Sinopse:
Rapunzel, unha adolescente cunha cabeleira dourada con máxicos poderes, vive encerrada nunha misteriosa torre desde pequena. Alí atópase co bandido máis buscado do reino, Flynn Rider. O dúo vive emocionantes aventuras na compaña dun cabalo superpolicía, un camaleón subreprotector...

 

Con esta película, o Programa Cinensino, trata de poñer de relevo a importancia do esforzo na formación das persoas; dos nenos e nenas, neste caso. Quedémonos coa necesidade de ir asumindo responsabilidades que nos levarán pouco a pouco a ser persoas autosuficientes e comprometidas. Saber asumir os erros, e ser quen de afrontar as situacións difíciles e saber superalas será o reto para pasar dunha etapa a outra da nosas vidas.

MAGOSTO - SAMAÍN - DÍA DO PEÓN

11/11/2011 11:45
11/11/2011 13:30
Etc/GMT

O día 11 deste mes, como cada curso teremos unha celebración especial. Atentos ás caveiras e aos esqueletos; e sobre todo, aos CONTOOOOSSSS!

 

"Once do once do dous mil once". Si, si, un día máxico tamén no noso colexio: catro esqueletos bailando...
O pasado venres celebramos o Magosto, Samaín e día do Peón. Días antes estivemos facendo contos de medo. "O Neno medica" foi o elexido para ler ese día na Hora de ler por Michelle e Lucía:
Érase unha vez un neno chamada Raúl. Raúl tiña medo de todo, menos da comida, da súa casa e dos seus pais. Un bo día foi coa súa curmá ao zoo e invitouno a ir con ela. Pero el díxolle que o sentía moito, pero non quería saír da súa casa porque tiña medo. Era tan medica que en vez de ir ao colexio tiña que ir unha profesora á súa casa todas as mañás. A Raúl non lle gustaba durmir só, e menos no outono porque pensaba que había monstros, vampiros e meigas. Un día o pai falou co neno para convencelo de que saira á rúa cos seus amigos e amigas: Xana, Marta, Elisa, Lucía, Michelle, Jose, Dani e Rafa. O neno dixo que si, e saíu á rúa cos nenos e as nenas. Perdeu o medo ás rúas, pero ao anoitecer saíu correndo para a casa. O pai comprendeu que o neno tiña medo da escuridade. Compráronlle unha lámpada con moita luz. Cada día unha lámpada con menos luz e por fin perdeulle o medo á escuridade. O día do Samaín foron á festa cos amigos e amigas de Raúl e pasárono xenial. Aquel día perdeu o medo para sempre.

Tamén fixemos buxainas de papel para pegar, de cartón para bailar. Preparamos as caveiras, decorámolas. Desfilamos con elas cara o salón de actos onde cantamos "Samaín" e "Os esqueletos". Nós moviámolos por detrás. Resultou moi divertido. A continuación degustamos as castañas con leite, ¡que ricas...! e rematamos no patio bailando buxainas.

RECICLAMOS

27/10/2011 10:00
27/10/2011 13:30
Etc/GMT

O vindeiro 27 de outubro o segundo e o terceiro ciclos asistiremos a unha xornada en Reciclaterra-Mougá-Ferrol

RECICLATERRA centro de Interpretación e divulgación da reciclaxe, situada en Mougá-Ferrol, dá a coñecer aos visitantes a realidade do consumo de residuos e o seu posterior tratamento, e intenta promover hábitos positivos de consumo. Este centro inaugurouse no ano 2004. Foi un antigo vertedoiro. Está situado nunha zona alta preto da costa.
Esta mañá acudimos puntuais á nosa cita coa Aula Reciclaterra. Fomos o 2º e o 3º ciclos, e Gloria e Patricia encargáronse de traballar con cada ciclo facendo diversas actividades simultáneas. Así, mentres os nenos e nenas de 3º e 4º elaboraban un xoguete reutilizando materiais, nós, 5º e 6º, fixemos un interesante percorrido polo mundo dos TRES ERRES: Reducir, Reutilizar e Reciclar.
Acabamos a primeira parte da sesión cun "Pasapalabra", que nos axudou a reforzar todo o que nos explicara Patricia anteriormente.
Chegou o momento do descanso e tempo de tomarnos a merenda, e a continuación, cambio de actividade e de monitora.
Na segunda parte da visita aprendemos a facer unhas carteiras con cartóns de leite ou de zume, previamente limpos e secos, claro, senón... Ao principio parecíanos moi complicado, pero pouco a pouco vimos que é unha actividade moi bonita. Todos estivemos de acordo en que, agora que xa practicamos, poderemos facer máis no cole.

E aquí tedes algúns dos paneis que teñen pendurados nas paredes da aula:

CHARLA SOBRE ENERXÍA RENOVABLE

24/11/2011 13:00
24/11/2011 14:00
Etc/GMT

  

   O día 24 de Novembro a través de Gas Natural Fenosa imos desfrutar dunha charla na nosa clase sobre as ventaxas das enerxías renovables.

 

 

 

 

 

 


Distribuir contido