Actividades complementarias

FESTIVAL DE NADAL

20/12/2011 11:30
20/12/2011 13:45
Etc/GMT

FESTIVAL DE NADAL - PROGRAMA:

Os nenos e nenas de 3 e 4 anos: “La risa de las vocales”

Infantil; 4 e 5 anos: conto musicado por Mamá Cabra, “Unha vella tiña un can”.

1º: “O abeto está baleiro”.

2º: “Nadal no ceo”

3º e 4º: “¿Que sabemos do Nadal?” e a panxoliña “Aló entre as pallas”.

5º e 6º: “Sopa de letras” e a panxoliña "O chisco do Neno"

1º: Escenifican, cantan e bailan un “Jingle Bells”.

Entrega de premios por parte da ANPA. Concurso de postais de Nadal.

Despois, degustación de "Larpeiradas de Nadal" para toda a Comunidade Escolar, no ximnasio.

¡ESPERÁMOSVOS!

VISITA Á AULA DE ECOLOXÍA URBANA

28/10/2011 10:30
28/10/2011 12:30
Etc/GMT

Hoxe, visita de Infantil e o 1º ciclo á Aula de Ecoloxía Urbana de Ferrol, no Parque Raíña Sofía. Reciclar toca...

CHARLA - XOGO: DESCUBRINDO A NATUREZA

25/11/2011 12:30
25/11/2011 13:30
Etc/GMT

O vindeiro 25 de novembro os pequenos de Infantil e 1º ciclo asistirán a unha charla-xogo sobre a natureza. É importante que vaian tomando conciencia da necesidade de coidar o noso medio ambiente, así que, cita na sala de audiovisuais: preparadoooos, listoooos, XAAAAA!

CHARLA SOBRE OS NOSOS BOSQUES

25/11/2011 10:15
25/11/2011 12:15
Etc/GMT

O vindeiro 25 de novembro charla na aula de audiovisuais para 2º e 3º ciclos sobre OS NOSOS BOSQUES.

Parece que charlas coma esta son importantes. O 25 deste mes xuntámonos os 2º e o 3º ciclos para escoitar unha charla sobre OS BOSQUES. Non pensedes que sabiamos tantas cousas; algúns incluso dubidabamos á hora de contestar ¿Que é un bosque? Pero cremos que ao final conseguimos o obxectivo: saber que é un bosque, coñecer os tipos de bosque e darnos conta da importancia de coidalos. É necesario para todos, polo noso benestar, pola nosa saúde e pola saúde do planeta preservar estes espazos naturais que tantas veces estropeamos. Tamén recordamos o libro "No corazón da fraga", de Francisco Xavier Fernández Naval, ilustrado por Suso Cubeiro

CHARLA SOBRE AS ENERXÍAS RENOVABLES

24/11/2011 12:55
24/11/2011 13:55
Etc/GMT

5º E 6º asistirán na propia aula a unha charla sobre ENERXÍA E MEDIO AMBIENTE o vindeiro 24 de outubro: "Enerxías renovables". Isto axudará a reflexionar sobre o noso consumo de enerxía e o seu uso razonable. ¿Non si?

O pasado 24 asistimos na nosa aula a unha charla sobre as enerxías renovables. Primeiro vimos a clasificación das enerxías. A partir da natureza temos as ENERXÍAS PRIMARIAS: RENOVABLES e NON RENOVABLES, e as ENERXÍAS SECUNDARIAS ou de CONSUMO. *Logo reflexionamos sobre a eficiencia enerxética e en como gastamos nós a enerxía. Estes son os resultados (Fonte: "Ayudamos a la energía a hacer bien su trabajo-Guía para un consumo responsable. Gas Natural Fenosa, 2010): ¿En que gastamos enerxía no noso fogar? Aire acondicionado: 1% Iluminación: 9% Cociña: 11% Electrodomésticos (lavadora, frigorífico...): 12% Auga quente: 26% Calefacción: 41% *Despois botamos un vistazo polo panorama enerxético en España. ¿De que fontes primarias procede a enerxía consumida en España? (Fonte: CORES, ENagas, CNE, e IDAE. Abril 2010-marzo 2011) Petróleo: 47% Gas natural:23% Nuclear: 12% Renovables:11,2% Carbón: 6,8% ¿Que enerxías se utilizan en España para xerar electricidade? (Fonte: MITyC e IDAE, 2009) Gas natural:37,2% Nuclear: 17,8% Carbón: 12,6% Eólica: 12,4% Hidráulica: 9,8% Petróleo: 6,9% Outras: 3,3% ¿Cal é o consumo de enerxía final por sectores en España? (Fonte: Eurostat 2009) Transportes: 41% Industria:27% Fogar: 18% Servizos (comercios, hoteis, oficinas...): 10% Agricultura: 3% Outros sectores: 1%

Distribuir contido