Dinamización Lingüística

SOMOS CONTACONTOS

Fai xa algúns días deu comezo a actividade  "Somos contacontos".

Como xa sabedes, o alumnado voluntario  da biblio prepara unhas dramatizacións de fermosos contos.

Este curso empezamos con "Corre corre, cabaciña".

Ademais de escoitala en inglés por Ellen, a nosa auxiliar de conversa, os nenos e nenas de 6ºA que se anotaron ao voluntariado  de lectura prepararon a historia  para todo infantil.

SOMOS CONTACONTOS

Xa comezamos coa actividade "Somos contacontos", na que os/as voluntarios/as da nosa Biblioteca preparan unha lectura dramatizada para un grupo de nenos/as.

Neste caso foron alumnos/as de 6º A os/as que prepararon o conto "Corre, corre Cabaciña" para o alumnado de Educación Infantil.

MAGOSTO 2017

O venres 10 de novembro celebramos a festa do magosto coas seguintes actividades:

  • Degustación de froitos de outono (castañas, noces, avelás, marmelos, mel...).

                

MES DA CIENCIA EN GALEGO

Dende o 2014, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vén propoñendo a celebración do mes de novembro como Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas, tamén nas bibliotecas escolares. 

A matemática Peregrina Quintela Estévez, Premio "María Josefa Wonenburger Planells" 2016, foi a encargada de escribir o manifesto deste ano 2017.

O Samaín 2017

A semana anterior á celebración do Samaín os/as titores/as traballaron nas aulas esta tradición de orixe celta.

Nas materias de Plástica/ Arts and Crafts e Lingua Galega traballouse o tema durante toda a semana e incluso o alumnado de 6º preparou un coñecido baile de zombies

Tamén se elaboraron unhas candeas terroríficas, en colaboración coas familias, para decorar a entrada do colexio.

O alumnado de infantil preparou o "Libro dos feitizos" e o de primaria o de "Contos de medo". Aínda están en maquetación, ao seu remate mostrarémosvos o resultado.

Como todos os anos a biblioteca tivo durante a semana unha gran exposción de libros terroríficos.

COLECCIÓN CANISTREL

 

XA ESTÁ DISPONIBLE "O método HVS",

UN NOVO LIBRO DA COLECCIÓN CANISTREL

SOMOS CONTACONTOS

Os alumnos/as de 6º convertéronse en contacontos para facer as delicias do alumnado de Infantil e 1º e 2º de Primaria.

O libro libro elixido foi: Os dous corcovados, conto popular adaptado por Raquel Méndez.

 

APADRIÑA UN LECTOR

XA ESTÁN NA GALERÍA DE IMAXES

AS FOTOS DA ACTIVIDADE

DO DÍA DO LIBRO

APADRIÑA UN LECTOR

O ENTROIDO MUSICAL

Este ano a temática elixida para festexar o entroido foi a dos estilos musicais.

  • En E.I. disfrazáronse de tunos.
  • En 1º fixeron un culto a Bob Marley.
  • En 3º bailaron ao rimo do rap.
  • En 4º recuperaron a moda punk.
  • En 6º convertéronse no musical "O rei león".
  • En 6º rememoraron o rock an roll. 

As familias puideron gozar do desfile e das coreografías do alumnado.

Previamente nas aulas tamén se traballou esta temática.

DÍA DA PAZ E DA NON VIOLENCIA

O martes 31 de xaneiro adicamos un anaco do noso tempo a facer un acto conxunto para celebrar o Día da Paz.

No ximnasio do colexio xúntamonos alumnos/as e mestres/as para cantar unha fermosa canción que lembraba a realidade dos refuxiados. A letra, a música e os arreglos fíxoos o mestre de música.

Previamente traballamos na aula o tema da paz e da non violencia e construimos entre todas e todos  o Xardín da Paz. 

 

 

FESTIVAL DE NADAL 2016

O martes 20 de decembro participamos no festival de nadal do cole con diversas actuacións:

  • Big Band
  • Grupo de teatro do colexio coa obra "Boom!"
  • Grupo de panxoliñas
  • Entrega de premios do concurso  de tarxetas de nadal

 

O MAGOSTO

O Curros celebrou o día de S. Martiño cunha xornada festiva con variadas actividades:

Comezamos o día cunha andaina pola nosa fermosa carballeira.

Logo repuxemos forzas cunha degustación de froitos e postres de outono, ademais de castañas asadas.

E para finalizar a festa participamos nunha sesión de xogos tradicionais: carreira de sacos, o pano, os bolos, o tirasoga, a silla. a pita cega...

  

  

A FESTA DO SAMAÍN

A biblioteca transformouse nun lugar terrorífico, os días 27 e 28 de outubro, para celebrar a festa do Samaín. 
Os corredores estaban a escuras só iluminados pola luz que saía dalgunhas candeas e ao lonxe sonaba unha música terrorífica.
Os  nenos e nenas do colexio subiron á Biblioteca onde os esperaba un bruxo moi especial e morreron de medo coa dramatización do Kamishibai "O Samaín".
Logo  do susto tamén gozaron coa exposición de libros que alí había.
No Salón de Actos recreouse o bosque das ánimas para que os nenos e nenas o recorreran e se achegaran ao outro mundo, o mundo do máis alá.

Distribuir contido