Bibliotecas Escolares

O día 24 de outubro celebramos o día das Bibliotecas Escolares poñendo en marcha as mochilas viaxeiras, onde os nenos e nenas do colexio levan material de diverso tipo:poesía, narrativa, revistas, puzles, tangran, c.d., cómic...

As novidades deste ano foron a escoita do noso primeiro programa de radio, gravado no Laboratorio de radio realizado polo alumnado no mes de xuño e que aínda non fora escoitado, e a estrea da nova actividade da biblio "Booktubers do Curros" coas primeiras recomendacións lectoras.