Dinamización Lingüística

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Para conmemorar o Día Internacional das Bibliotecas Escolares, do 19 ao 27 de outubro leváronse a cabo unha serie de  actividades na que os nenos e nenas de primaria exploraron as seccións da nosa biblio, seguiron as pistas que lles deixou Pepón (a nosa mascota), traballaron en equipo, colleron o seu primeiro libro e algún ou algunha levou a mochila viaxeira.

XAN E A PEDRA MÁXICA

Pulsa na foto para ver a marabillosa función de títeres elaborada e representada por alumnos do colexio.

DÍA DO LIBRO

O 23 de abril celebramos o Día do libro.

Previamente elaboramos un libro de poesía titulado "Plantando versos" co que decoramos o corredor de acceso á Biblioteca e agasallamos aos nenos e nenas cun libro que eles mesmos escolleron.

 

Realizamos tamén a actividade "Apadriña un lector" na que os/as maiores lle len un conto aos máis pequenos/as.

Animación á lectura

Comezamos a semana cunha sesión de animación á lectura para o primeiro ciclo de Primaria, actividade enmarcada dentro da celebración do Día Mundial do Libro.

Paco Nogueiras, da editorial Kalandraka, foi o encargado de afeccionar aos nosos nenos e nenas a lectura.

As historias que contou foron estas:

  

Día Mundial da Poesía

Para conmemorar o Día Mundial da Poesía levamos a cabo as seguintes actividades:

  • Lectura dos seguintes poemas por megafonía: O meu burriño de Manuel Murguía, María Soliña de Celso Emilio Ferreiro, A Rosalía de Curros Enríquez e Cantigas in modo antico de Figueira Valverde.
  • Creación dun libro coa participación de todo o centro co nome Plantando versos.

 

     

RECITAL DE CONTOS CANTADOS

O venres 27 de marzo os nenos e nenas de Educación Infantil asistiron a un recital de contos  cantados no salón de actos do colexio.

Os pequerrechos/as  gozaron cantando e bailando os contos tradicionais da nosa cultura: os tres porquiños, o gato con botas,...

 

Animación á lectura

O luns, 9 de marzo, os nenos e nenas de 6º de Educación Infantil participaron nunha sesión de animación á lectura en galego, por cortesía da editorial

Vicens-Vives.

Os contos traballados foron: O pequeno amigo do Tiranosaurus Rex e Un bicho raro.

  

Entroido 2015

O venres, 13 de febreiro, celebramos a festa do entroido no colexio cun gran desfile ao que estiveron invitadas as familias de todo o alumnado.

O polideportivo do centro converteuse nun gran circo polo que foron pasando pallasos, mimos, trapecistas, equilibristas, homes forzudos, mulleres barbudas, domadores e feras. E todo isto estivo amenizado pola banda do circo e as súas majorettes.

  

Entroido 2015

Dende o centro convidamos ás familias de todo o alumnado ao gran desfile de entroido que imos levar a cabo.

A temática é o marabilloso mundo do circo.

Día escolar da paz e da non violencia

O venres 30 de xaneiro celebramos no noso centro o día da paz.

Os mestres/as e o alumnado reunímonos para ver a representación da poesía "La paloma Maripaz" e cantarmos xuntos a canción "O progreso" de Roberto Carlos.

Pepón, a mascota da biblioteca, levaba xa un par de semanas recomendando lecturas sobre o tema e as paredes do colexio estaban cheas de poesías, mandalas e murais da paz.

  

Festival de Nadal

O xoves 18 de decembro celebramos o festival de nadal coas actuacións da rondalla, o grupo de pandeiretas e o grupo de teatro.

Así quedou:

   

  

CONCURSO DE TARXETAS DE NADAL

Outro curso máis o EDL convocou o concurso de tarxetas de nadal.

Estas foron as bases:

As tarxetas gañadoras de ciclo foron enviadas como felicitación ás familias.

GUÍA DE LECTURAS RECOMENDADAS

O Equipo de Biblioteca, en colaboración co EDL, elaborou a nova Guía de Lecturas recomendadas para o Nadal.

Cabe sinalar que o 75% dos libros elixidos están en lingua galega.

As guías repartíronse entre todo o alumnado e profesorado do centro.

CARAPORQUIÑA VERMELLA

O martes 16 de decembro visitounos Xan, un titiriteiro, para facernos rir un pouco coa obra Caraporquiña Vermella.

Hai que dicir que  a obra creouna el baseándose no conto clásico Carapuchiña Vermella , só que neste caso, aínda que hai lobo, a protagonista é unha porquiña. Tamén os monicreques os elaborou el mesmo.

Aquí vos deixo unha mostra da actuación:

 

        

 

Distribuir contido