Dinamización Lingüística

DÍA DA POESÍA

O venres 22 de marzo celebramos o día da poesía. Aproveitando  que fora o 150 aniversario da publicación de "Cantares Gallegos" de Rosalía de Castro os nenos e nenas dos distintos niveis recitaron poesías de Rosalía. Acabamos o acto cunha interpretación musical de "Adiós ríos, adiós fontes".

Pincha na imaxe para ver as fotos e AQUÍ para a canción

O ENTROIDO

O venres 9 de febreiro celebramos o entroido no Curros. Como ía moito, moito frío tomamos un chocolate ben quente acompañado duns ricos churros. Logo fomos disfrazarnos e saímos ao patio. Fixemos unha coreografía por nivel e rematamos a festa cun gran baile.

Todo o festexo estivo animado pola familia Pig.

O Magosto

O venres, 9 de novembro, organizamos no colexio un magosto ao que estiveron invitadas tamén as familias.

Houbo unha degustación de froitos de outono, ademais de castañas, e unha sesión de xogos populares organizada polos mestres de Educación Física.

 

SAMAÍN 2012

O martes 30 de outubro celebramos no colexio a festa do Samaín.

O vestíbulo estivo decorado con móbiles, manualidades e cabazas.

Na Biblioteca fíxose unha exposición de libros de medo e proxectouse un curto titulado "A bruxa regañadentes" ,para infantil e 1º ciclo de primaria, e un vídeo, elaborado polo equipo da Biblioteca, sobre a orixe desta festa para 2º e 3º ciclo.

 

 

DÍA DO LIBRO

O DÍA 23 DE ABRIL CELEBRAMOS A ACTIVIDADE APADRIÑA UN LECTOR NA QUE OS ALUMNOS MAIORES LEN CONTOS ÓS MÁIS PEQUENOS. Se queres ver as fotos preme na imaxe.


XOGOS POPULARES

Os días 9, 16 e 23 de xaneiro os nenos e nenas de 6º dee Primaria participaron nunha actividade de xogos tradicionais, dentro da VII edición do Obradoiro de Xogos Tradicionais impartido polo Centro de Cultura Popular "Xaquín Lorenzo".


CONCURSO DE TARXETAS E CONTOS DE NADAL

Un curso máis por estas datas o Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística, en colaboración co Equipo de Biblioteca do centro, pon en marcha o Concurso de Tarxetas e Contos de Nadal 2011.


Aquí tendes as bases.



OS CALDERETAS DESCOBREN A POESÍA EN CELANOVA

O 25 de novembro todo o alumnado de Primaria do Curros acudíu ao auditorio de Celanova para asistir á presentación do libro Os Calderetas descobren a poesía en Celanova. Este acto contou coa presenza do seu ilustrador Pepe Carreiro.


Este libro achéganos aos poetas celanoveses Castor Elices Rodríguez, Manuel Curros Enríquez, Castor Méndez Brandón, Celso Emilio Ferreiro e X. Luís Méndez Ferrín.


 

O MAGOSTO

O xoves 17 de novembro celebramos  no Curros a festa do magosto.


Pola mañá tivemos unha sesión de xogos tradicionais. Dividimos o patio en dúas zonas, unha para Infantil e 1º de Primaria e outra para o resto do alumnado, onde se levaron a cabo xogos adaptados en dificultade á idade dos/as nenos e nenas.


Pola tarde fixemos unha degustación de froitos secos e de froitos de outono, fogata e castañas. Por suposto non faltou o baile.


  

VIDEOCONFERENCIA

O venres, 4 de novembro os nenos e nenas de 5º e 6º de Primaria asistiron a unha videoconferencia sobre as II XORNADAS DA CIENCIA EN GALEGO.


A conferencia titulada Sabes porque o 2011 é o ano dos bosques? foi impartida Mª Isabel Fraga Vila, profesora de  Botánica da Universidade de Santiago de Compostela.


Participaron á vez 100 centros de toda Galicia podendo facer preguntas on line.


 

CELEBRACIÓN DO SAMAÍN

Para conmemorar a festa do Samaín fixemos unha exposición de cabazas decoradas. Algunhas delas servíronnos de ambientación no camiño á Biblioteca onde fixemos varias actividades para o alumnado do centro. 


Cos nenos e nenas de Infantil 4 e 5 anos,1º e 2º fixemos o Xogo da Bruxa.


O alumnado de 2º e 3º ciclo de Primaria víu un vídeo  que  explicaba  a orixe desta festa.  


Tamén puido ver todo o alumnado  a exposición de libros de medo que se fixo na Biblioteca.


http://canistrel.blogspot.com/2011/10/samain-2011.html 

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Pulsando nas imaxes poderás ver ós premiados no certame de poesía e  tamén a obra de teatro "O Arco da Vella"


                   

PRESENTACIÓN DO LIBRO "CRIATURAS"

O VINDEIRO VENRES, DÍA 27 DE MAIO, ÁS 12:00 h NO AUDITORIO DE CELANOVA, PRESENTAMOS ESTE LIBRO ESCRITO E ILUSTRADO POLOS ALUMNOS DE 6º CURSO DO COLEXIO


ESTADES TODOS INVITADOS


HABERÁ MOITAS SORPRESAS

XORNADA CONVIVENCIA

Hoxe, día 11 de maio, o alumnado de 6º curso participa nunha xornada de convivencia que organiza a Fundación Curros Enríquez.


A mañá centrarase no coñecemento da vila de Celanova e da figura de Manuel Curros Enríquez coas seguintes actividades:
- Visita da Casa dos Poetas.
- Recepción dos catro centros participantes no Auditorio Municipal de Celanova.
- Visita da Casa dos Poetas e ao Mosteiro de San Rosendo.
- Saída a pé cara o Cristal cos outros centros.
- Xantar campestre de confraternización no Cristal, zona arredor da capela da Virxe.


A tarde estará dedicada ao coñecemento da poesía de Manuel Curros Enríquez e dos arredores de Celanova, as actividades serán as seguintes:
- Actividade con títeres centrada no poema "A Virxe do Cristal" de Manuel Curros Enríquez da man da compañía "Teatro Viravolta", na que se poderá coñecer a imaxe da virxe en persoa no mesmo lugar onde foi atopada.

Distribuir contido