Dinamización Lingüística

Día do libro

Para conmemorar o Día do libro levamos a cabo unha actividade colaborativa, xa instaurada no centro, chamada "Apadriña un lector" e que consiste na lectura dun conto por parte do alumnado de 2º e 3º ciclo de Primaria aos nenos e nenas de Infantil e 1º ciclo.

 

Tamén puxemos en marcha o 1º Mercado de libros usados. Nesta actividade participaron os nenos/as de Primaria e consistiu nun intercambio de libros. De xeito voluntario trouxeron algún libro que xa leran, déuselle un vale e logo cambiaron ese vale por outro libro.

 

Entroido 2014

O venres 28 de febreiro celebramos o entroido no Curros cun desfile ao que estiveron invitadas todas as familias do alumnado.


Este ano fixemos un desfile temático adicado ás catro estacións do ano: inverno (infantil), primavera (1º ciclo de primaria), outono (2º ciclo) e verán (3º ciclo). Así puidemos ver bonecos de neve, xardineiros e flores, follas, latas de refresco e xeados de cucurucho.


  


              

XOGOS POPULARES

O alumnado de 6º curso de Primaria participou durante 3 sesións nun obradoiros de xogos tradicionais impartido por un monitor do Centro Cultural de Xogos Populares "Xaquín Lorenzo".


  

Xornada de animación á lectura

O día 7 de febreiro visitounos Iago López para compartir con todos/as nós unha divertida xornada de animación á lectura.


Cos maiores fixo diferentes xogos e os máis pequenos gozaron e participaron cos contos de "Martiño" e "O home do saco".


  

DÍA DA PAZ

O venres 31 de xaneiro celebramos o Día da Paz cun acto colectivo de lectura de poesías e interpretación dunha canción en canon.


Previamente nas aulas fixemos traballos para decorar os taboleiros do colexio.


             


      

ACTIVIDADES DO NADAL

Para celebrar a chegada da festa do nadal levamos a cabo unha serie de actividades nas que participou todo o alumnado do colexio:

Concurso de contos de nadal.

Concurso de tarxetas de nadal.

Elaboración de guías de lecturas recomendadas para nadal.

Festival.

Para ver as guías de lectura e os/as premiados/as dos concursos entra no apartado da biblioteca BLOG CANISTREL.

O Magosto

O martes 12 de novembro celebramos no Curros a festa do Magosto.


Pola mañá houbo unha degustación no patio de Infantil de produtos típicos do outono para todo o alumnado.


Pola tarde organizouse unha sesión de xogos populares. Algún deles utilizaron a castaña como instrumento para levalos a cabo.




 

Samaín 2013

No colexio celebramos o Samaín con varias actividades:Exposición de casas encantadas.Exposición de libros de medo na Biblioteca.Visualización do vídeo do Samaín explicando a orixe desta festa e o seu significado, elaborado polo equipo de biblioteca, e do vídeo-conto "Corre, corre Cabaciña".

 

 

         http://www.authorstream.com/Presentation/lurevaz-1981318-sama-13/ 

FESTIVAL

XA PODEDES DISFRUTAR DOS VÍDEOS DAS ACTUACIÓNS DO FESTIVAL

PULSADE NA IMAXE

FELICES VACACIÓNS!!!

DÍA DO LIBRO

O 23 de abril celebramos no colexio o Día do Libro coa actividade "Apadriña un lector".

Dita actividade consistiu na lectura dun conto, por parte do alumnado de 2º e 3º ciclo de Primaria, aos nenos/as de 1º ciclo e de Infantil.

DÍA DA POESÍA

O venres 22 de marzo celebramos o día da poesía. Aproveitando  que fora o 150 aniversario da publicación de "Cantares Gallegos" de Rosalía de Castro os nenos e nenas dos distintos niveis recitaron poesías de Rosalía. Acabamos o acto cunha interpretación musical de "Adiós ríos, adiós fontes".

Pincha na imaxe para ver as fotos e AQUÍ para a canción

O ENTROIDO

O venres 9 de febreiro celebramos o entroido no Curros. Como ía moito, moito frío tomamos un chocolate ben quente acompañado duns ricos churros. Logo fomos disfrazarnos e saímos ao patio. Fixemos unha coreografía por nivel e rematamos a festa cun gran baile.

Todo o festexo estivo animado pola familia Pig.

O Magosto

O venres, 9 de novembro, organizamos no colexio un magosto ao que estiveron invitadas tamén as familias.

Houbo unha degustación de froitos de outono, ademais de castañas, e unha sesión de xogos populares organizada polos mestres de Educación Física.

 

SAMAÍN 2012

O martes 30 de outubro celebramos no colexio a festa do Samaín.

O vestíbulo estivo decorado con móbiles, manualidades e cabazas.

Na Biblioteca fíxose unha exposición de libros de medo e proxectouse un curto titulado "A bruxa regañadentes" ,para infantil e 1º ciclo de primaria, e un vídeo, elaborado polo equipo da Biblioteca, sobre a orixe desta festa para 2º e 3º ciclo.

 

 

DÍA DO LIBRO

O DÍA 23 DE ABRIL CELEBRAMOS A ACTIVIDADE APADRIÑA UN LECTOR NA QUE OS ALUMNOS MAIORES LEN CONTOS ÓS MÁIS PEQUENOS. Se queres ver as fotos preme na imaxe.


Distribuir contido