Dinamización Lingüística

DÍA DA PAZ E DA NON VIOLENCIA

O martes 31 de xaneiro adicamos un anaco do noso tempo a facer un acto conxunto para celebrar o Día da Paz.

No ximnasio do colexio xúntamonos alumnos/as e mestres/as para cantar unha fermosa canción que lembraba a realidade dos refuxiados. A letra, a música e os arreglos fíxoos o mestre de música.

Previamente traballamos na aula o tema da paz e da non violencia e construimos entre todas e todos  o Xardín da Paz. 

 

 

FESTIVAL DE NADAL 2016

O martes 20 de decembro participamos no festival de nadal do cole con diversas actuacións:

  • Big Band
  • Grupo de teatro do colexio coa obra "Boom!"
  • Grupo de panxoliñas
  • Entrega de premios do concurso  de tarxetas de nadal

 

O MAGOSTO

O Curros celebrou o día de S. Martiño cunha xornada festiva con variadas actividades:

Comezamos o día cunha andaina pola nosa fermosa carballeira.

Logo repuxemos forzas cunha degustación de froitos e postres de outono, ademais de castañas asadas.

E para finalizar a festa participamos nunha sesión de xogos tradicionais: carreira de sacos, o pano, os bolos, o tirasoga, a silla. a pita cega...

  

  

A FESTA DO SAMAÍN

A biblioteca transformouse nun lugar terrorífico, os días 27 e 28 de outubro, para celebrar a festa do Samaín. 
Os corredores estaban a escuras só iluminados pola luz que saía dalgunhas candeas e ao lonxe sonaba unha música terrorífica.
Os  nenos e nenas do colexio subiron á Biblioteca onde os esperaba un bruxo moi especial e morreron de medo coa dramatización do Kamishibai "O Samaín".
Logo  do susto tamén gozaron coa exposición de libros que alí había.
No Salón de Actos recreouse o bosque das ánimas para que os nenos e nenas o recorreran e se achegaran ao outro mundo, o mundo do máis alá.

ANIVERSARIO DE ROSALÍA

Tal día coma hoxe, un 24 de febreiro de 1837, naceu Rosalía de Castro en Padrón (A Coruña)
Desde a biblioteca imos propoñervos dúas actividades:

   1ª: Un  puzzle  da imaxe de  Rosalía (reinterpretación en estilo pop feita polo Rei Zentolo).

2ª:Coñecemos a súa vida 

LECTURAS CO KAMISHIBAI

O equipo de voluntarios e voluntarias da biblioteca quixo agasallar aos seus compañeiros/as cunhas sesións de contos no teatrillo xaponés, kamishibai.
Os contos elixidos foron:

  • O gato con botas, para educación infantil
  • Por que hai tantas pedras no fondo dos ríos?,  para toda a primaria.

 Do 16  ao 24 de febreiro durante a HORA DE LER os diferentes cursos foron pasando pola biblio para deleitarse coas imaxes e as historias que os nenos e nenas de 5º e 6º ían contando.

O ENTROIDO 2016

Este ano o entroido do Curros fixo unha pequena viaxe por diferentes culturas do mundo.

Previamente todo o colexio fixo un traballo de investigación para coñecer mellor a cultura do país que lle tocou representar.

 

 

 

DÍA DA PAZ

Este curso, aproveitando que varios mestres/as tocan diferentes instrumentos: guitarra, teclados, baixo, violín..., decidimos facer unha gran orquesta acompañados polos nenos e nenas de 5º e 6º de Primaria (eles/as coas frautas) para celebrar o Día da Paz.

A canción escollida foi Blowind in the wind.

A canción pódese ver e escoitar na nosa canle de Youtube.

ACTIVIDADES DE NADAL

Para celebrar o Nadal levamos a cabo diversas actividades moi lúdicas para os nenos e nenas do colexio nas que tamén eles/as participaron activamente: obra de teatro "Espantallo amigo" de Neira Vilas, adaptada polo grupo Os Quinquilláns, obra de teatro do grupo do colexio, actuación da rondalla, do grupo de pandeiretas e da little band e entrega de agasallos aos gañadores do concurso de tarxetas de nadal.

EXPOSICIÓN DAS TARXETAS NADAL

Deseguido veredes a exposición das tarxetas que participaron no concurso de nadal.

   

Bases concurso tarxetas de nadal

Aquí quedan as bases para o concurso de tarxetas de nadal:

DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Porque NON QUEREMOS VIOLENCIA DE XÉNERO,  desde o Curros intentamos que os máis pequenos tomen conciencia de que homes e mulleres somos todos iguais.

O libro escollido foi: 
O libro dos Porcos de Anthony Browne  (Ed. Kalandraka)

Os alumnos/as maiores do centro fóronlles co conto ao resto do colexio e invitáronos a pensar quen é a persoa da súa casa que traballa máis, se eles fan algo para axudar un chisco...

Os/as  mestres/as traballaron logo con eles o tema nas aulas.

FESTA DO MAGOSTO

O mércores 11 de novembro celebramos no Curros a festa do magosto.

Houbo unha degustación de froitos de outono, froitos secos, marmelos... e, por suposto, castañas.

Tamén se organizou unha sesión de xogos populares para Infantil e Primaria adaptándoos as idades dos nenos e nenas( o tirasoga, o tres en raia, a carreira de sacos, os bólos,...)

 

SAMAÍN 2015

Os días 28 e 29 de outubro celebrouse a  festa de Halloween-Samaín cunha gran exposición de manualidades na entrada do colexio, partindo dun rolo de papel hixiénico.

Ademais houbo:

Distribuir contido