Dinamización Lingüística

ENTROIDO 2011

¡ Por fin chegou o entroido! Aquí no cole celebrámolo cun gran desfile.


Para crear ambiente colocamos na entrada do colexio a MECA "FADA MADRIÑA", a cal nos concedería un desexo se lle metiamos no peto 20 céntimos.


                 


A temática do desfile foi a dos contos infantís. En  Infantil os contos elixidos foron 101 dálmatas, Alicia no país das marabillas e Bob Esponxa. En Primaria elixiron  Os Mosqueteiros, Mickey e Minnie, Os Picapedra, O frautista de Hamelin e os  Faraóns.


Todo o festexo estivo amenizado pola Bruxa Aburrida e as tres Xemelgas. Estas últimas, por mandato da bruxa, ían percorrendo todos os contos e desfilando cos seus personaxes.

CONCURSO CONTOS DE NADAL

No seguinte enlace podedes ver os premiados no concurso dos  contos de nadal. Noraboa a todos/as e seguide participando. 


http://canistrel.blogspot.com/2011/01/premiados-no-concurso-contos-de-nadal.html

CONCURSO POSTAIS DE NADAL

Un ano máis celebramos o concurso de postais de nadal cunha gran participación por parte de todo o alumnado. Aquí vos deixamos a mostra e os premiados.


http://canistrel.blogspot.com/2011/01/premios-concurso-tarxetas-nadal.html

CELEBRACIÓN DO MAGOSTO

O xoves, 11 de novembro, celebramos o magosto cunha morea de actividades.

Boa parte da mañá adicámola a unha sesión de xogos populares, actividade organizada polos mestres de ed. física, polo que tivemos que dividir o patio en dúas zonas: unha para infantil e 1º e outra para o resto de primaria. En cada zona había unha serie de xogos e por grupos ían pasando por todos eles.

              

Pola tarde, ademais de comer castañas,  fixéronse máis actividades.

O alumnado de infantil participou nunha degustación de froitos de outono. Previamente xa fixeran unha exposición con todos eles. O alumnado de primaria recitou unhas poesías e cantou a canción da castaña Curriña.

DÍA DO SAMAÍN

O venres 29 de outubro celebramos a festa do Samaín.

O colexio encheuse de cabazas decoradas e na biblioteca fixemos unha exposición de libros de medo e de receitas monstruosas.

O ENL agradece enormemente a vosa colaboración.

 

Se queredes ver as fotos da exposición ide a este enlace:

http://canistrel.blogspot.com/2010/11/presentacion-receitas-monstruosas.html 

MES DOS LIBROS

Un ano máis levouse a cabo o "Apadriña un lector" no que o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º lles leu contos aos de infantil, 1º e 2º curso.

 

Eli Ríos estivo no colexio falándonos de María Victoria Moreno, léndonos historias  e animándonos a escribir as nosas propias aventuras.

KAMISHIBAI "A CEBRA CAMILA"

Un grupo de 8 alumnos representaron co teatro Kamishibai o conto "A cebra Camila".Previamente o  Equipo de Biblioteca traballou na elaboración das láminas e texto e no ensaio do conto cos/as nenos/as. Tamén colaborou o profe de plástica de extraescolares construindo unha cebra xigante de madeira.

Preme aquí para velo

O MAGOSTO

O xoves 17 de novembro celebramos  no Curros a festa do magosto.


Pola mañá tivemos unha sesión de xogos tradicionais. Dividimos o patio en dúas zonas, unha para Infantil e 1º de Primaria e outra para o resto do alumnado, onde se levaron a cabo xogos adaptados en dificultade á idade dos/as nenos e nenas.


Pola tarde fixemos unha degustación de froitos secos e de froitos de outono, fogata e castañas. Por suposto non faltou o baile.


  

XORNADA CONTACONTOS

O martes, 24 de maio, todo o alumnado do colexio gozou dunha sesión de contacontos a cargo das Tres Xemelgas e a Bruxa Aburrida.


Pola mañá o conto escollido foi o da Cebra Camila para Infantil, 1º e 2º ciclo de primaria.


Pola tarde o alumnado de 5º e 6º deron A volta ó mundo en 80 días.


Os/as alumnos/as participaron tamén, non só escoitaron, xa que eran contos interactivos.


 


 

CONVIVENCIA "CURROS ENRÍQUEZ"

O 27 de maio, os/as alumnos/as de 6º de primaria do noso centro, participaron na II Xornada de convivencia "Curros Enríquez" , en Celanova, cos centros de Galicia chamados así. Foi organizada pola Fundación Curros Enríquez de Celanova.
 
Participamos en   actividades  organizadas en distintos puntos da ruta currosiana.
 
A convivencia comezou no noso centro , onde nos xuntamos todos os centros, e fomos camiñando ata o Cristal onde comimos.
 
Ali tamén tamén pudimos ver unha representación de títeres sobre a historia da Virxe do Cristal, tratada nun poema de Curros Enríquez.
Tamén houbo baile.

O ENTROIDO

Un ano máis vaise achegando unha festa de moita tradición na nosa provincia.

No noso cole queremos festexar o entroido, comezando coa figura do meco; este ano será MECA, por aquelo de ir cos novos tempos.

Cada día da semana irá dando unha orde do complemento de vestuario co que teremos que  vir ao colexio.

Si queredes admirar a súa beleza e elegancia mirade esta foto.

O primeiro mandato:

 A MECA DI:

O LUNS

 

COMO O ENTROIDO COMEZA

DIA DA PAZ

O venres 29 de xaneiro todos/as os/as nenos/as do colexio e mestres participamos nun acto colectivo no que  interpretamos unha canción, adaptación do tema de Michael Jackson "Heal the world" .Esta actuación realizámola  no ximnasio do centro.

Aquí vos queda a mostra da letra da canción:

                        "A PAZ"

Debe haber un lugar dentro do teu corazón

Onde a paz brilla máis que unha lembranza

Sen a luz que ela dá xa non conseguimos máis

Atopar o camiño da esperanza.

Sinto, chega o tempo de enxugar o pranto dos homes

Estendendo as mans e facendo irmáns.

 

Só o amor, cambia o que xa pasou

CONCURSO TARXETAS DE NADAL DA FUNDACION CURROS ENRIQUEZ

Dúas alumnas de 6º de Primaria do noso centro, Elsa e Cristal foron premiadas pola Fundación Curros Enríquez  de Celanova, polos seus debuxos relacionados coa obra de Celso Emilio Ferreiro  e que serviron pala elaborar tarxetas de felicitación de nadal do concello.

 

Elsa e Cristal cos seus debuxos  e as tarxetas elaboradas a partir deles, con membros da Fundación Curros Enríquez.

Elsa e Cristal xunto aos agasallos que recibiron.

Distribuir contido